O xurado profesional distinguiu o traballo feito polo establecemento “Terra, cebada e uva” que recibiu o primeiro premio, patrocinado polo Parado de Turismo “Conde de Gondomar”. Pola súa banda a Xamonería, Tapería Bastión obtivo o primeiro premio outorgado polo xurado popular , converténdose así os dous establecementos nos gañadores da VII Festa da Empanada de Gondomar.
A votación popular outorgou o segundo premio deste certame a empanada elaborado por “Terra, cebada e uva”, mentres que o terceiro posto foi para a XamoneríaCatro Camiños. Todos eles recolleron os diplomas acreditativos esta mañá nun acto no que participaron o alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, o presidente da Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor, Jose Angel González, e a concelleira de Comercio, Rocío Goberna.
O concurso organizado pola Asociación de Comerciantes do Val Miñor ( OVALMI), coa colaboración do concello de Gondomar, desenvolveuse entre os días 20 e 23 de maio nun total de 10 establecementos nos que as persoas que degustaron as distintas empanadas depositaban os seus votos, unha colaboración que tamén se premiou cun sorteo de 4 vales de 25 euros para poder consumir en calquera dos locais participantes.
“Aos poucos imos recuperando a normalidade no sector da hostalería, que con iniciativas destas característica dá un paso máis cara a ese obxectivo, no que sempre contará coa colaboración do goberno de Gondomar”, concluíu o rexedor Paco Ferreira