^ Ir arriba

novas

Novas Concello de Gondomar

Novas Concello de Gondomar

Luns, 23 Maio 2016 21:54

Campaña "Quere ao teu mercado"

A Concellaría de Comercio……do goberno municipal de Gondomar, no seu propósito de promover os mercados e os productos de proximidade, para o cal a praza de abastos do concello é unha peza fundamental, pretende incentivar o consumo de produtos frescos e resaltar os valores da compra local e a profesionalidade e bo facer dos nosos praceiros e praceiras. Para isto está a traballar sumándose á campaña internacional de promoción dos mercados locais e prazas de abastos. “Quere ao teu mercado”

A concellería de Comercio do concello de Gondomar en colaboración cos/aspraceiros/as da praza de abastos municipal convoca o 1º concurso de debuxo “Que é para ti o mercado?”

Este xoves tivo lugar unha reunión no Concello de Gondomar á que asistiron o alcalde Paco Ferreira e técnicos da deputación para aceptar o acordo e concretar as datas en que se empece a dixitalizar os arquivos do concello conseguindo asi modernizalo e á súa vez axilizar calquera trámite, non tendo ningún custo para os veciños xa que isto realizase integramente dende a Deputación.

Hoxe tivo lugar a presentación do 2º Circuito de Enduro BTT Concello de Gondomar á que asistiron o alcalde de Gondomar Francisco Ferreira xunto coas concelleiras Iria Lamas e Nuria Lameiro ademáis na presentación estivo o presidente do Club Ciclista Bici Verde Esteban. Ademáis contouse coa presenza de Toni Pérez Campeón de España Máster 30 de Enduro en 2014, Campión de Open de España de Enduro en 2012, 2013 e 2014 e líder de Open Galicia de Enduro 2015.

O Centro Cultural de Vincios acollerá o próximo sábado 27 de xuño as 18:30 a Audición fin de curso da Escola da Agrupación Musical de Vincios, no que intervirán os alumnos.

Con esta iniciativa preténdese dar a coñecer todo o aprendido durante o ano escolar e deleitar ós asistentes.

Gondomar recibe a fin de semana cunha proposta musical para o Domingo cun Concerto de Verán da Banda Xuvenil da Escola da Agrupación Musical de Vincios que terá lugar as 13:00 horas na Praza de Paradela de Gondomar.

O Concerto estará dirixido baixo a batuta de Francisco Valcarcel Piñeiro e os músicos demostrarán todo o aprendido durante o curso deleitando o público coas súas composicións musicais.

Venres, 19 Xuño 2015 20:00

IV Carreira Master Concello de Gondomar

O próximo domingo 21 de xuño terá lugar a IV Carreira Master Concello de Gondomar organizada polo Club Ciclista de Gondomar . A saida será as 10:30 na Praza do Concello.

A Carreira con saída dende Gondomar, realizará un circuíto de 15 Quilómetros con suba a Chaín, Morgandans, Peitieiros, Couso e volta a Gondomar, para as categorías de Máster 50 e Máster 60 a carreira finalizará na volta 4 ao chegar a Gondomar cun percorrido de aproximadamente 60 Qm. As categorías Máster 30 e Máster 40 darán 5 voltas ao circuíto cun percorrido total de aproximadamente 75 quilómetros.

Haberá premios para os 3 primeiros clasificados en cada Categoría ademais de especiais META VOANTE no segundo paso da carreira por Gondomar e PREMIO MONTAÑA no terceiro paso da Carreira en Alto Couso no Qm 41.

A inscripción ten un prezo de 10€ e o prazo é ata o 19 de xuño de 2015 preinscrición vía Web ou no propio día da carreira antes as 10:00h no pavillón de deportes de Gondomar ata cubrir cota de 250 participantes.

Este curso llevarase a cabo no mes de xullo, dous días a semana en horario de 10:00 a 13:00 horas

O VII torneo escolar de tenis concello de Gondomar, que se celebrou este pasado fin de semana tivo un grande éxito, este evento deportivo que contaba cunha cota de inscripción de 3€, logrou recadar preto dos trescentos euros, todos eles en beneficio de Desiree .
Inscribironse un total de 120 xogadores, dos cales soamente participaron ao redor de cen. Os participantes, procedían dos concellos de Gondomar, O Rosal, Oia, Baiona, Nigrán As Neves e Vigo.
Desde o clube agradecen "a axuda prestada de todo/as lo/as colaboradores/as pola súa labor desinteresada ano tras ano, sen os cales non sería posible levar a cabo un evento coma este, do concello de Gondomar e da súa concellería de Deportes e salientar o bo comportamento dos deportistas, aos que se lles quere felicitar.
Coa celebración deste torneo escolar, a concellería de Deportes dirixida Natalia Salgueiro (en funcións) quere "dar as grazas especialmente a toda esa xente que unha vez máis demostrou, que cunha pequena aportación, podemonos axudar os uns aos outros" e "felicitar aos membros do clube e clubes do concello de Gondomar pola gran labor que se está a levar a cabo, facendo de Gondomar un referente do Deportivo, polos grandes éxitos alcanzados en cada unha das súas variedades".

David Figueroa entrenador do Clube, outorgouselle o trofeo ao mellor adestrador do campionato

Rss