^ Ir arriba

novas

Novas Concello de Gondomar

Novas Concello de Gondomar

Este grupo viaxará a Francia no seu primeiro debut Internacional os días 6 e 7 de Xuño

As datas de realización do curso irán do 4-19 de maio

O Conservatorio de Gondomar informa que se abre o prazo de inscrición das probas de acceso a 1º Grao elemental ata o 1 de xuño do 2015, ensinanzas reguladas polo decreto 198/2007 do 27 de setembro.

A oferta instrumental do centro é: Guitarra, Piano, Violín, Viola, Clarinete e Saxofón.

Os requisitos necesarios para poder presentarse a estas probas son a través da idade, a idade mínima de acceso é de 8 anos, e a máxima de 14. Ambas as dúas idades cumpridas ou por cumprir ata 31 de decembro do 2015.

Os interesados que necesiten máis información poden chamar de mañá ao teléfono 986.369.746 e polas tardes ao teléfono 986.389.283.

O curso que dispoñerá de 20 prazas será gratuito para o alumnado e terá lugar entre o 11 e o 14 de maio

O pasado xoves día 16, a empresa adxudicataria da construción do novo Centro de Saúde en Gondomar, CORSAM-CORVIÁN, iniciou os primeiros traballos de construción, que teñen un prazo de execución de 12 meses.

O novo Ambulatorio de Gondomar, edificarase nos terreos da parcela da Rúa das Ánimas, unha infraestrutura moderna, onde se atenderán as necesidades de saúde dunhas 10.400 persoas, cunha superficie superior a 1.600 metros cadrados, contará cunha área de medicina xeneral con 12 consultas, unha área pediátrica con 2 consultas, 1 consulta de matrona, 1 sala de educación maternal, traballador social, 1 sala de toma de mostras, 1 sala de técnicas, 2 salas polivalentes e resto de espazos de apoio necesarios para o normal funcionamento do centro.

Esta nova obra está cofinanciada ao 80% polo programa operativo Feder, 2007-2013, por un importe de 2.373.546,82 millóns de euros, dará resposta a unha das demandas máis solicitadas polos veciños do municipio.

Terá lugar nunha carpa instalada na rúa Ángel Urzáiz

O C.P.A Gondomar é o encargado de organizar esta competición oficial de 1ª Categoría do 2015, o día 11 de Abril

Os interesados deberán presentar a solicitude, que estará dispoñible no CDL, entre o 13 e o 16 de abril, ambas as dúas datas incluídas

Poderán participar todos os autores de 3º Ciclo de Educación Primaria, ESO e Bacharelato que residan no Val Miñor e non superen os 20 anos

A Concellaría de Educación do concello de Gondomar, dirixida por Paula Bouzós, convoca o Certame Literario Don Diego Sarmiento de Acuña, Conde de Gondomar.

Nesta XIII edición, establécense dúas modalidades, Poesía (mínimo de 14 versos, máximo 50) e Relato Curto (máximo 15 folios DIN A4). Poderán concorrer todos os autores de 3º Ciclo de Educación Primaria, ESO e Bacharelato que residan no Val Miñor e non superen os 20 anos.

Os participantes poderán presentar, individualmente, unha única obra, por cada unha das modalidades, de tema libre que deberá remitirse, antes do día 30 de abril, á seguinte dirección: Oficinas Concello de Gondomar, Praza Doutor Latino Salgueiro s/n 36380 Gondomar. Tamén se poderán entregar directamente no Rexistro do Concello.

Concederanse dous premios por cada nivel, un por poesía e outro por relato curto:

  • Nivel1: terceiro ciclo de educación primaria. Dous premios por valor de 150 euros.
  • Nivel 2: 1º, 2º, e 3º da ESO. Dous premios por valor de 200 euros.
  • Nivel 3: 4º da ESO e Bacharelato. Dous premios por valor de 300 euros.

Un premio por valor de 250 euros para o centro con maior participación e calidade.

Ademais o xurado poderá facer entrega dos accésits que considere oportunos, declarar deserto algún deles ou repartilo exaequo entre dous autores.

Coa posta en marcha deste certame o Concello de Gondomar asume un compromiso co que pretende potenciar a creatividade literaria da xuventude en lingua galega.

Todos os interesados que desexen maior información poderán consultar as bases na páxina web do Concello

Celebrarase o día 2,3 e 4 de abril no campo municipal As Cercas

Rss