Os xogadores Martín Pintos e Anxo Iglesias, da A.D. Vincios de tenis de mesa, competiron durante esta pasada fin de semana no Open Internacional de España Cadete e Xuvenil onde participaron un total de 230 xogadores de Europa, Asia e América.
O nivel elevado do campionato serviu a estes dous xogadores como unha boa experiencia para continuar progresando e enfrontar os próximos compromisos deportivos como o Campionato de España que se disputará en Antequera a finais de xuño.
Martín Pintos e Anxo Iglesias formaron parte dos equipos que España presentou nesta competición.
Nas competicións de individual e dobres, lograron importantes vitorias sobre representantes eslovenos e irlandeses pero quedaron ás portas do cadro final.
A A.D. Vincios prepara como obxectivo máis inmediato a importante fase de ascenso a División de Honor Masculina que se celebrará a finais deste mes en Borges Blanques (Lleida).
O vindeiro día 17 de maio do 2015, FESTA DA BICICLETA, a OMIX do Concello de Gondomar estará presente na zona de inscricións repartindo elementos reflectantes e dípticos informativos sobre esta campaña.
Dita campaña leva funcionando dende o 2011, cun total de 1689 mozos/as sensibilizados e formados de cara a concienciación de facerse ver nas rúas. O obxectivo principal desta campaña da Concellería de Xuventude deste concello e informar a ciclistas e peóns que son parte da circulación e teñen a obriga de ter coñecemento das normas, de facerse ver e evitar accidentes acadando unha armonía vial
Na cuarta tirada da liga Galega de bosque 3D, organizada polo Club Cazarco, celebrada en Moscoso, cun percorrido con 20 dianas e con 100 arqueiros participantes, o Club Serra de Gondomar conseguiu tres podios.
Aínda que a climatoloxía a primeira hora da mañá, non permitía unha boa visibilidade debido á néboa, mellorou ao longo da xornada deixando paso a un día moi soleado.
O club Serra de Gondomar, con 12 participantes 4 sénior e 8 menores de 14 anos obtivo tres podios, en categoría sénior Jose Carlos Presa, como primeiro clasificado en arco nu, categoría na que a que os competidores posuían unha gran preparación, os outros tres sénior Israel Martínez, Marco Melón e Miguel Ángel se clasificaron entre os 10 primeiros.
Na categoría de menores de 14 anos, en arco composto Rubén Rodríguez, conseguiu outro primeiro posto e Anxo Martínez, clasificouse como terceiro; os outros 6 participantes Xes Argüelles, Iker Barbero, Sergio Adrián, Xoel e Uxía quedaron entre os 10 primeiros.
O prazo para anotarse no "Gondoverán" remata o 18 de maio
A Concellaría de Educación despois de realizar unha serie de reunións cos técnicos da xerencia de urbanismo, así como da Policía Local, estudaron as proposta de instalación dunhas marquesiñas en distintas localidades do municipio de Gondomar.
Despois da valoración polas distintas partes, coa colaboración do Departamento de Educación, nas reunións que se mantiveron, decidiuse instalar 2 marquesiñas en Vincios por petición do A.M.P.A, dúas en Peitieiros por petición de Ana Isabel Francisco, concelleira do P.S.O.E e outra na parroquia de Vilaza, unha demanda dos veciños, que esperaban á intemperie, evitando así que sufran as inclemencias do tempo, en inverno e en verán.
Dende o concello colabórase, para darlle a mellor solución a estas demandas, prestando todo o interese por emendar este problema tan necesario, para os usuarios do medio de transporte público.
O prazo remata o 27 de maio
O Departamento de Benestar do concello de Gondomar, informará aos veciños da axuda económicas do Cheque infantil.
Esta axuda está destinada a atención de nenos/as de 0 a 3 anos en escolas infantís, non sostidas con fondos públicos por un período máximo de 11 meses.
A contía da axuda estará en función da renda per cápita da unidade familiar. Este ano beneficiará a máis de 1.100 menores de toda Galicia, con axudas que oscilan entre 45 e 250 euros mensuais, en función de la renda familiar.
As familias con nenas/os a cargo nacidas/os con posterioridade a 31 de decembro do 2012, residentes en Galicia serán as beneficiarias, sempre que non dispoñan de outra axuda para a mesma finalidade.
O prazo para a presentación da documentación finalizará o 27 de maio, e terán preferencia os solicitantes residentes en concellos onde non existan escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos.
O Departamento de Benestar, prestará axuda para aclarar calquera dúbida ou documentación necesaria a enviar.
Son 56 os veciñosmaiores de 55 anos os que disfrutan do viaxe organizado por Benestar Social
O Departamento de Benestar Social do Concello de Gondomar, a través da Axencia de Viaxes PONTETUR, organizouunha excursión-viaxe para maiores de 55 anos a Asturias.
As persoasque participan na viaxeson un total de 56 veciños, que sairon o pasado 4 de Maio, dende o Concello de Gondomar en Autocar ata Gijón, hospedándose en un hotel de tres estrelas, durante 5 noites.
A saída incluía, réximen de Pensión Completa, bebida en comidas e ceas, transporte en Autocar Gran Turismo, guía acompañante, guía local oficial medio día en Oviedo, comida en Restaurante Concertado en Cangas de Onís,son cinco días nos que visitan Cudillero, Gijón, Oviedo, Candás-Luanco, Cabo Peñas, Ribadesella, Lastres, El Entrego, Cangas de Onís, Covadonga, Llanes, Villaviciosa, Tazones e Luarca, con entradas e visita guiada o Museo da Minería.
Todos eles participan e disfrutan de todos os monumentos históricos e vistas panorámicas que lles ofrecen as distintas zonas, de ondesegresaránmañáVenres.
O prazo de presentación inicial estenderase do 4 de maioao 5 de xuño
O prazo de presentación de solicitudes finaliza o próximo 15 de maio
O programa consiste en estanzas de dez días e nove noites nun hotel con spa, balneario ou instalacións similares da Comunidade Autónoma de Galicia, en réxime de pensión completa
Este ano invítase aos participantes a vir ataviados con vestimenta antiga
Seguindo o lema "É unha sorte vivir á beira dun río", dan comezo os obradoiros medioambientais nos centros de ensino de Primaria e Secundaria de Gondomar
A Concellaría de Medio Ambiente de Gondomar vén de deseñar unha serie de obradoiros dirixidos aos alumnos de Primaria, Secundaria e Bacharelato dos centros educativos de Gondomar. Estas actividades celebraranse ao longo dunha xornada de mañá en cada un dos centros e en diversos tramos das ribeiras do río Miñor. Están coordinados por un equipo de naturalistas e biólogos da empresa Estela, Loxística e Proxectos e divídense nas seguintes partes:
Todas estas actividades virán acompañadas dunha visita guiada por algún dos tramos do río Miñor cos alumnos dos diversos niveis de Primaria e Secundaria. O primeiro dos obradoiros tivo lugar este luns 27 de abril, de mañá, no CEIP Serra-Vincios e o percorrido realizouse polo río Zamáns, dada a súa proximidade. Ao longo destes vindeiros días e semanas sumaranse a esta iniciativa os colexios públicos Chano Piñeiro, Souto Donas e Neira Vilas, e os institutos Auga da Laxe e Terra de Turonio.
As inscricións para o "Gondoverán" realizaranse do 4 ao 18 de maio e deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Gondomar.
Debido á grande acollida que tivo nos anos anteriores a Concellaría de Igualdade, a través do Centro de Información á Muller, pón en marchao campamento Gondoverán,cofinanciado pola Diputación de Pontevedra.
Gondoverán é un campamento de lecer e tempo libre para fillos e fillas de familias traballadoras que terá lugar durante todo o mes de xullo, en horario de 9.00 a14.00 horas,con posibilidade de incorporación de 8.00 a 9.00 e de salida de 14.00 a 15.00 horas.
O seu obxectivo é o de favorecer a conciliación da vida familiar e laboral durante a tempada estival, ao tempo que se potencia o desenvolvemento integral do neno/a a través dunha programación que combina o xogo con actividades creativas, culturais e coñecemento do entorno próximo, dende unha pedagoxía do lecer baseada na educación en igualdade e hábitos saudables.
Os beneficiarios serán preferentemente 100 rapaces e rapazas que teñan o seu empadroamento no Concello de Gondomar nacidos entre os anos 2002 (non poderán facer 13 anos antes da finalización do campamento) e 2012 (deberán ter feitos 3 anos ao inicio do campamento) e cuxos proxenitores sexan persoas traballadoras en activo (por conta allea ou propia). En caso de quedar prazas libres serán admitidos doutros concellos, con preferencia de aqueles cuxos proxenitores sexan traballadores no municipio de Gondomar. O prezo será de 65€ por neno/a.
A inscrición realizarase dende o día4 ata o 18 de maio presentándoa no Rexistro Xeral do Concello de Gondomar, de luns a venres en horario de 9 a 13.30h. e sábados de 9 a 13.00h. Xunto a folla de inscrición (dispoñible na páxina web do Concello –www.concellodegondomar.info- ) deberá achegarse a seguinte documentación:
As 100 prazas serán adxudicadas mediante un sorteo público o 27 de maio ás 9.30horas na Casa da Cultura, sempre e cando haxa máis solicitudes que prazas.
Para calquera dúbida os/as interesados/as poderanse dirixir ao Centro de Información á Muller, na Casa da Cultura, no teléfono 986 360 224, no seguinte correo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. ou neste enlace
Na terceira tirada de liga Galega de bosque 3d, organizada polo Club A Curota, nos montes de San Isidro (A Proba do Caramiñal) A Coruña, os arqueiros participantes foron un total de noventa e tres.
Cunha mañá desapracible climatoloxicamente, con continuas chuvias esporádicas, os arqueiros do Club Serra de Gondomar, tiveron que desafiar o tempo e facer fronte a 20 dianas nun percorrido moi complexo e escorregadizo.
O Club Serra de Gondomar desprazaba 9 arqueiros, 5 en categoría sénior Israel Martínez, Mónica Ledo, que se lesionou a metade da competición nunha man, Iago Moeriras, Diego Presa e Marco Melón os cales se colocaron entre os 10 primeiros clasificados nas súas correspondentes categorías.
En menores de 14 anos as circunstancias foron máis favorables para o club, xa que Iker Barbero se colocaba entre os seis mellores de arco instintivo e Anxo Martínez conseguiu o cuarto posto, en arco composto.
O primeiro posto sería o de Rubén Rodríguez Alleres en arco composto, conseguindo a primeira praza na liga Galega de percorridos de bosque a falta de 3 probas.