O Departamento de Benestar Social do concello de Gondomar, a través da Administración Xeral do Estado, pon en marcha o Programa de Turismo do Imserso 2015-2016.
Esta programación encóntrase dentro da política de Envellecemento Activo, que ten como obxectivo facilitar a incorporación destaspersoasaofluxo do turismo e paliar as consecuencias que en materia de emprego produce o fenómeno da estacionalidadeneste sector.
O prazo de presentación neste Programa para a tempada 2015-2016 estenderase do 4 de maioao 5 de xuño de 2015.
Se dispoñía de acreditación para viaxar, non é necesario cumprirunha nova solicitude, o Imserso contactará coas persoas que se encontrennesta situación para proceder á renovación de datos; pola contra, se accede por primeira vez ao Programa ou se continúa a súa participación, tras un período inactivo, deberá formalizar unha nova solicitude.
O prazo de presentación manteraseaberto a partir do 6 de xuño e ata o día 1 de decembro de 2015, para aquelaspersoas que non tivesen formulado no seu momento a solicitude, para estes solicitantes non haberá valoración, pero serán notificados e, no seu caso, acreditados, só para cubrir posibles vacantes.