^ Ir arriba

Xornadas Economía social

Xornadas de Economía Social

Xornadas de Economía Social de Gondomar

Tereixa Otero

Feminista, espeleóloga, activista, licenciada en Historia e tamén mestra de Secundaria.
Leva anos ao pé de numerosas loitas feministas, sociais e ecoloxistas. Será a encargada de presentar e conducir a Xornada.
 

Xavier Simón

Profesor titular de Economía aplicada e Responsable do Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía da Universidade de Vigo. Especialista en sistemas alternativos de consumo e producción de alimentos, metabolismo social, patrimonio inmaterial e desenvolvemento rural.
 

Jordi Flores

Activista Cofundador da Ecoxarxa de Tarragona e Coordinador da área económica da Cooperativa Integral Catalana. Ten realizado escritos para a promoción da Descapitalización e o pensamento crítico dende a autoxestión e as economías alternativas. Informático de ocupación, estudió Administración e Dirección de Empresas na Universidade de Barcelona. Hoxe en día está dinamizando diversos proxectos pra artellar redes de moeda social, economía cooperativa e apoio mutuo.
 

Manuel Amigo

Presidente da Asociación Costavales de Santa Comba, promotora da Moeda Social "Costavales": un sistema de vales de intercambio para o seu uso nos comercios e negocios de todo tipo na Costa da Morte, que promove mobilizar recursos inactivos, axudar a cubrir as necesidades básicas da poboación máis desfavorecida da zona, darlle pulo ao tecido asociativo e social local e aumentar a resiliencia local.
 

Óscar Górriz

Activista galego dos comúns e a cultura libre, participa e colabora con diversos procesos colectivos coma o CSA A Casa Colorida de Nigrán, a Rede de Cultura Libre Galiza imaxinaria, o Laboratorio dos Comúns e a FairCoop: cooperativa internacional por unha economía ética alternativa. Neste eido, a súa actividade principal é a investigación, implementación e promoción de tecnoloxías sociais e dixitais de participación cooperativa para colectivos activistas e comunidades autoxestionadas.
 

Enric Durán

Activista catalán polo decrecemiento e a Revolución Integral. A súa historia persoalabarca un amplo espectro de accións relacionadas coa abolición da débeda externa, os movementos de resistencia global, campañas contra o Banco Mundial e a Europa do capital. A súa acción mais comprometida e pola que fica no exilio a día de hoxe, foi a expropiación de diñeiro a varios bancos durante a burbulla inmobiliaria coma acción de denuncia da crise que estaba por vir, diñeiro que canalizou a movementos sociais que deron na fundación da Cooperativa Integral Catalana e a FairCoop.
 
 

II Xornada de Economía social - Moeada social