Biblioteca
A principal función da Biblioteca Municipal de Gondomar é a de ofrecer o acceso á cultura á cidadanía, de tal modo que se produza en condicións de igualdade, continuidade e de xeito gratuíto. Por este motivo, a biblioteca conta con servizos de préstamo e consulta en sala, así como 36 postos de lectura para adultos e 12 para nenos, 1 posto de audiovisuais, 3 ordenadores de uso libre, Wi-fi, prensa, unha sala externa de estudo e unha sección infantil e outra de cómic. Asemande, no recinto da biblioteca tamén se desenvolven actividades periódicas de contacontos e clubs de lectura.