O Centro Neural
O centro neural de Gondomar é produto dunha liña de axuda da convocatoria 1/2003 do programa PRODER II (programa de desenvolvemento rural da Unión Europea) dentro da medida de prestación de servizos ás emrpesas, promovido pola ADR (Asociación de Desenvolvemento Rural) da Mancomunidade da Area Intermunicipal de Vigo (MAIV).
A esta liña de axudas PRODER, preséntanse tódolos concellos que forman a MAIV, agás Vigo, e estes concellos compiten por 3 centros neurais cos seus respectivos sementeiros de empresas, finalmente a subvención foi outorgada na comarca do Val Miñor o proxecto que foi defendido por este municipio xa que resultou ser o que alcanzou a puntación máxima nos criterios de selección valorados polo proxecto: viavilidade, coherencia, calidade, caracterísiticas do promotor e impactos xerados. O financiamento outorgado foi ó 80% a posta en marcha do centro neural.
O centro concíbese como un elemento difusor da sociedade da información en ámbitos rurais de escala comarcal, o obxectivo base é que a poboación poda acceder de xeito doado as novas tecnoloxías da información, asi mesmo este tipo de centros pretende constituirse nun elemento de apoio nas accións de dinamización rural e no fomento do territorio e dos recursos locais.
O centro neural, inclue servizos de carácter gratuito, relacionados coas novas tecnoloxías da información e a comunicación e tamén de apoio a posta en marcha dos seus negocios aos/as emprendedores/as da comarca a través do sementeiro de emrpesas, así inclue:
•Un cibercentro de acceso libre, con 18 postos con PCs completos, 2 deles totalmente adaptados para minisvalidos/as e unha impresora. O cibercentro garante un horario amplo de apertura para os/as usuarios/as incluindo sábados e domingos.
•Unha sala multiusos con capacidade para 60 persoas e dotada de medios audiovisuais para desenvolver conferencias, videoconferencias, exposicions, seminarios e outros actos.
•Un sementeiro de empresas, onde se auna espazo físico e servizos comúns especialmente de tipo telemático e informático para pequenos proxectos empresariais. Este sementeiro conta con 4 niños de empresa provistos de equipamento informático , mobiliario, fotocopiadora, fax, e outros servizos que poderán disfrutar durante un ano. Estes espazos tratan de facilitar ás persoas emprendedoras o arranque da súa iniciativa empresarial. Estas persoas tamén contan co apoio de persoal técnico para facer máis doado o seu lanzamento ó contorno empresarial.
•Sala de reunions; o centro neural conta cunha sala de reunións para 12 persoas.
•OUTROS ESPAZOS: almacén, oficina, recepción, almario de rede, etc.
Outro aspecto destacable dentro deste proxecto é a existencia dunha rede wifi que vai a dar cobertura para navegar por internet, a unha boa extensión do municipio de Gondomar.
Contacto Centro Neural
Dirección |
Centro Neural As Cercas s/n |
---|---|
Teléfono |
986 389 449 |
Fax | 986 389 449 |
Enderezo Electrónico |
Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. |
Horario de Atención ao Público |
Luns e Martes: 10:00h-13:30h /16:30h-21:00h Mércores e Xoves: 9:30h-13:30h /16:30h-21:00h Venres:9:30h-13:30h /16:30h-22:00h Sábado:10:00h-14:00h /17:00h-21:00h Domingo:11:00h-14:00h /17:00h-20:30h O Ciber permanece cerrado os Luns é Martes. |
Responsable de Área |
|
Técnica Local de Emprego |
Yolanda Gomez Soto |