^ Ir arriba

novas

Martes, 19 Maio 2015 07:42

Martín Pintos e Anxo Iglesias, no Open Internacional de España Cadete e Xuvenil

Os xogadores Martín Pintos e Anxo Iglesias, da A.D. Vincios de tenis de mesa, competiron durante esta pasada fin de semana no Open Internacional de España Cadete e Xuvenil onde participaron un total de 230 xogadores de Europa, Asia e América.

O nivel elevado do campionato serviu a estes dous xogadores como unha boa experiencia para continuar progresando e enfrontar os próximos compromisos deportivos como o Campionato de España que se disputará en Antequera a finais de xuño.

Martín Pintos e Anxo Iglesias formaron parte dos equipos que España presentou nesta competición.

Nas competicións de individual e dobres, lograron importantes vitorias sobre representantes eslovenos e irlandeses pero quedaron ás portas do cadro final.
A A.D. Vincios prepara como obxectivo máis inmediato a importante fase de ascenso a División de Honor Masculina que se celebrará a finais deste mes en Borges Blanques (Lleida).