O Alcalde de Gondomar, Paco Ferreira convocou dous cursos, un de Agricultura Ecolóxica e hortas comunitarias e outro sobre Cultivo de plantas aromáticas e medicinais. O primero de 60 horas e o segundo de 50 horas, dirixidos os veciños que se encontren empadroados no municipio; de quedar vacantes as demáis prazas serán cubertas con xente de concellos limítrofes.
Dende a Concellería de Igualdade que dirixe Nuria Lameiro e través do Centro de Información ás Mulleres (CIM), poñenese en marcha estos cursos on-line gratuítos. A matrícula estará aberta dende o 7 ata o 14 de novembro; a duración dos cursos será entre 40 e 5 horas dependendo da temática.
A presentación desta obra, dirixida a escolares e a adultos, terá lugar o día 30 de outubro, domingo, ás 19:00 horas no Auditorio Municipal “Lois Tobío” de Gondomar nun acto dirixido por Marta Dacosta que constará da lectura creativa de varios contos a cargo de alumnos do CEP “Neira Vilas” (Peitieiros), do CEP de Sabarís, dos alumnos Xián, Pablo e Antía, do grupo de teatro afeccionado “Xesta Vermella” (Borreiros) e de Paco Barreiro; haberá tamén un concerto do último citado, Paco Barreiro, cantante, músico, compositor e actor.
A concelleira de Igualdade, Deporte e Cultura Nuria Lameiro, anunciou hoxe que as subvencións de libre concorrencia publicaranse entre esta semana e a primeira de Novembro. Nuria recomenda as asociacions estar atentos a páxina Web, o tablón de anuncios e o facebook do Concello, lugares nos que sairán publicadas.
O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira clausurou a campaña de concienciación de reciclaxe, dirixida a máis de 100 alumnos dos distintos colexios do municipio (Souto Donas, Chano Piñeiro, …), levadas a cabo pola concellería de residuos sólidos urbanos que dirixe Iria Lamas e impartidas pola empresa encargada do punto limpo.