^ Ir arriba

novas

Martes, 08 Novembro 2016 09:50

Recuparando o patrimonio. A Ponte do Seixidal recuperada.

A mellor maneira de recuperar o patrimonio histórico ou etnográfico dun concello é poñéndoo en valor e, sobre todo procurando que siga cumprindo a función social e de utilidade pública para a cal foi construido pola veciñanza das parroquias e barrios.

A forza das augas do Río Zamáns e as enchentes do ano pasado tiveron como consecuencia o derrubamento da Ponte do Seixidal na parroquia de Vincios. Unha ponte de máis de trescentos anos de antigüidade, aínda en uso, e que por certo está a carón dun muíño de fasquía espectacular con dúas bocas de descarga que dá conta da importancia do mesmo, e que necesariamente haberá que recuperar tan pronto como se poida.

Pois ben, hoxe felizmente e despois de múltiples xestión administrativas (e a falta duns remates) e sobre todo grazas a preocupación da asociación “Pedroghullo” que traballa a prol da recuperación dos bens patrimoniais da parroquia de Vincios, da dirección, asesoramento e sensibilidade dos arquitectos municipais, asi como dos traballadores da brigada de obras municipal, a Ponte do Seixidal está de novo en pé, agardamos que como mínimo por outros trescentos anos. Esta é unha boa nova que debe ser coñecida polo conxunto da veciñanza de Gondomar.

O "antes" e o "despois".

PONTE SEIXIDALR0013035