^ Ir arriba

novas

Martes, 20 Setembro 2016 21:50

Móllate polos ríos 2016

Durante a semana do 26 de setembro ao 2 de outubro, conmemorando os 10 anos de Proxecto Ríos, celebraranse no Concello de Gondomar unha serie de actividades.

Comezando por unha exposición dos 10 anos de fotos e cartaces de Proxecto Ríos durante toda a semana na Aula Ponte de Rosas no IEM, o venres 30 no Centro Neural proxección da curta "Auga, terra, aire... A Bolsa" de Pablo Casal e a documental "Os mares doces de Galicia" de Manuel E. Garci. O sábado día 1 de outubro baixada polo río Miñor as 5 da tarde, dende a ponte de Mañufe ata a Xunqueira.

Para rematar o domingo día 2 de outubro celebrarase a novena edición da Limpeza Simultánea de Ríos, se estás interesado en participar nesta nova actuación ponte en contacto a través do mail Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. ou no 627276816.

 

Podes atopar toda a información ne seguinte enlace.

Móllate polos ríos 2016