^ Ir arriba

novas

Luns, 24 Octubro 2016 15:53

Gondomar efectúa a limpeza de marquesiñas e sinalización

O Alcalde Francisco Ferreira e a concelleira de Obras, Iria Lamas, supervisaron a pé de rúa os traballos de limpeza de marquesiñas e sinalización do municipio debido ao mal estado no que se atopaban.

Esta semana iniciáronse as tarefas de limpeza das marquesiñas de Gondomar, ao longo da semana os operarios ocupáronse de eliminar publicidade, grafitis, cartelería de todo tipo, maleza e mesmo de desinfectar estes elementos do mobiliario urbano.

Ao mesmo tempo que levouse a cabo este labor de limpeza por parte dos operarios, Francisco Ferreira e Iria Lamas revisaron a instalación de bancos e papeleiras nas beirarrúas das rúas de Gondomar.

Desde a Alcaldía barállase a posibilidade de colocar novas marquesiñas, nunha segunda fase dos traballos, da mesma maneira que se colocaron bancos e papeleiras novas nesta primeira fase. Lémbrase tamén, que os gondomareños teñen á súa disposición taboleiros de anuncios nas oficinas da Omix, no Pavillón de Deportes de Gondomar e no auditorio Lois Tobío, unhas alternativas adaptadas para publicidade e cartelería, ao contrario que as paradas dos autobuses.

IMG 20161021 WA0000