O Concello de Gondomar pon en marcha distintas actividades para conmemorar o Dia das Letras Galegas.
Dende o día 13 e ata o 29 de de maio Gondomar acollerá distintas actividades literarias, culturais e gastrnomicas para conmemorar o Día das Letras Galegas 2022.
O Concello de Gondomar pon en marcha un programa de actividades denominado “Gondomar en Galego” que abarca a literatura, a música, o teatro e incluso o deporte. Paco Ferreira destacou que “a literatura galega e o noso idioma son unha parte fundamental da nosa cultura e da nosa identidade, pero esta forma parte de un todo que tamén inclue a gastronomía, a cultura, e incluso o deporte”.
Por elo según o rexedor municipal “este ano programamos unha serie de actos moi variados para achegarnos a nosa lingua e a nosa cultura dende perspectivas e ámbitos moi diferentes”.
Así os actos comenzar o día 13 coa Festa da Empanada, que en colaboración con OVALMI se prolongará ata o día 17 de maio.
O día 15 deste mismo mes a Agurpación Musical de Vincios en colaboración con Espazo Lectura levarán a cabo un espectáculo poético musical a partir das 19:00 horas na Praza da Paradela.
Xa o memso día 17, día das Letras Galegas comezará na xornada de mañá coa Festa da Bici do Val Miñor con saida e chegada diante da casa do Concello de Gondomar. Ese mesmo día pola tarde terá lugar un acto que se iniciará as 18:30 horas na mesma praza de A Paradela no que calquera cidadan que o desexe poderá prarticipar coa lectura de un fragmento de calquera obra literaria en galego. Para apuntarse a esa actividade deberán remitir un correo a Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. cos seus datos persoais e indicando o texto elexido.
Esta xornada rematará cunha actuación a cargo da Asociación Folclórica tradicional Os Ventos de Comesaña”.
Como colofón a estes días de actividades o día 29 está programada una visita a Catoira para acudir a representación da obra “As 8 da tarde cando morren as nais” a cargo do Centro Dramático Galego. Para os interesados en acudir haberá un autobús gratuito dende Gondomar. Para anotarse a esta actividade deberán facelo a través da taquilla electrónica do Concello.
O Concello de Gondomar pon enfuncionamentoun punto de recarga gratuito paradousvehículos, eporáen marcha a lo menosoutrosdousnos próximos meses.
Gondomar,05deMaiode 2022.O Concello de Gondomar consciente da importancia do problema que supón o cambio climático e anecesidadede potenciar o uso deenerxíaslimpas, ven depoñeren marcha un cargador para vehículos eléctricossituadonoaparcadoiroda policía local.
Este cargador dispón dedúastomas de carga rápidaepoderáser utilizado de forma gratuita durante un periodo máximo de dúas horas.
Orexedorlocal destacaque“estaacción nos permitiráofrecerunservizotantoaos vehiculoseléctricosouhíbridos enchufablesdepersoasde Gondomar, comotaménofrecer unservizoaaquelesque nos visiten”. Por tanto “esta acción tenunhadobrevertente;loitarcontra o cambio climático eapoiaraocomercio e ahostaleríalocais”.
Para poder acceder o uso derecarga será necesario descargarseunhaAPP. Durante o próximo mes,no que o punto de recarga estaránunperiodo de probas, será necesaria a retiradadunhatarxetade accesoque sepoderárecollernasdependencias da Policía Local.
O alcaldePaco Ferreiraanuncioutaménque“xase iniciaron os trámites para asolicitudea través de fondos europeos da instalación deoutropunto de recarga que se situaríano entorno dopavillónde deportes”
“Asimesmonunhasegunda fase, estes puntos de recarga serán alimentados a través de placas solares, dentrodunambiciosoproxectode eficienciaenerxéticado Concello de Gondomar que permitirá que diferentesinstalaciónsmunicipaissexan abastecidas porfontesdeenerxía100%limpas.”
Xa está aberto o prazo de inscrición, durante todo o mes de maio, para as probas de acceso ao 1º curso no Conservatorio Elemental de Música de Gondomar para o vindeiro curso 2022/2023. Poderase escoller entre varios instrumentos como clarinete, saxofón, violín, viola, guitarra ou piano, e actividades complementarias como orquestra, coro, concertos, conferencias e moitas máis.
Para máis información:
986 369 746 (mañás) ou 986 389 283 / 678 874 994 (tardes),
web: www.edu.xunta.gal/centros/
Este domingo 24, a partir das 8:30 horas disputaráse en Vincios, o Enduro Serra do Galiñeiro, proba puntuable para o campionato galego.
A sáida e chegada será no entorno do Centro Cultural de Vincios, e produciránse cortes de tráfico e restriccións de circulación dende as 08:00 ata as 16:00 horas, nos puntos indicados no mapa anexo.
Gondomar súmase a convocatoria da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) convocando unha concentración silenciosa de 5 minutos, mañá mércores 09 de marzo ás 12.00 horas ante o Concello.
O acto quere amosar a nosa solidariedade co pobo ucraíno e o noso rexeitamento á guerra iniciada por Rusia, para invadir o país. Sumádevos¡¡
Gondomar sumouse un ano máis á conmemoración do día Internacional da muller cunha concentración na praza das Escolas Vellas na que se procedeu á lectura dun manifesto e tamén se gardou un minuto de silencio en especial por todalas mulleres que se viron obrigadas a abandonar a súa vida, os seus traballos e familias pola guerra de Ucraína.
Decenas de persoas sumáronse á concentración na que o alcalde, Paco Ferreira, agradeceu a súa presenza e lembrou que as administracións “teñen a obriga de aplicar a perspectiva de xénero á hora de gobernar e tomar decisións, reiterando o compromiso do seu goberno coa defensa das mulleres e na consecución dunha igualdade real na sociedade. “
A presidenta da Asociación de Mulleres Rurais de Gondomar, Irene Pereira, xunto á avogada do CIM local, Marta Pardo e a concelleira de Igualdade Nuria Lameiro foron as encargadas de ler o manifestó. Nel lembraron “a fraxilidade dos dereitos alcanzados” e a necesidade de seguir conmemorando e manifestándose no 8M porque “en pleno século XXI, si as mulleres vense aínda obrigadas a reclamar algo tan básico como ter os mesmos dereitos fronte aos homes. Os mesmos dereitos para unhas que para os outros”.
Suliñaron que “non é unha denuncia dunhas poucas ou dunhas tolas, como a moitas persoas gústalles dicir”, sustentando nas cifras e datos oficiais a realidade da brecha salarial que existe entre homes e mulleres, así como os efectos que sobre os seus dereitos tivo a pandemia nos dous últimos anos.
Desde Gondomar instouse a tódolos organismos e entidades públicas e privadas, sectores produtivos, e á sociedade en xeral, “a poñernos as lentes lilas e a aplicar os principios de igualdade entre homes e mulleres, garantindo o mesmo trato, as mesmas consideración e oportunidades, así como as mesmas obrigas e dereitos”.
O concello de Gondomar, a través da súa concellería de Igualdade, ademais do acto central con motivo da celebración do día Internacional da muller traballadora,
desenvolverá diferentes actividades durante o mes de marzo e ao longo de todo o ano “promovendo a igualdade entre homes e mulleres os 365 días”.
O concello de Gondomar prepara as actividades centrais con motivo da celebración do día Internacional da muller traballadora, o próximo 8 de marzo, que se
desenvolverán na Praza Escolas Vellas -ante o antigo Centro de Saúde- onde se convocará unha concentración tras a que se lerá o manifesto oficial redactado para a
xornada.
Este ano adiántase a convocatoria oficial ás 11.00 da mañá “e convidamos a toda a cidadanía a sumarse a ela para lembrar que a loita pola igualdade real é unha
cuestión que debemos afrontar todos e todas unidos”. Tras este acto a concelleira de Igualdade e representantes municipais sumaranse á marcha organizada polas asociacións feminitas de Val Miñor desde o centro de Gondomar ata a ponte da Ramallosa.
Escape room pola igualdade
Como en anos anteriores, a mocidade e a cativada convírtense en protagonistas das actividades programadas “porque son eles e elas os que deben sementar os
valores da igualdade para que perduren no tempo e cambie a tendencia actual”. Así nos institutos do municipio estanse a impartir obradoiros e charlas sobre o 8 M e a
loita pola defensa dos dereitos femenismos.
Os días 28 e 29 de marzo sumaráse una nova actividade especificamente diseñada para os/as máis novos/as: “Estrelas”, un escape room, financiado con fondos do Pacto de Estado do Ministerio de Igualdade, e que terá como protagonistas ao alumnado de 5º de primaria dos CEIP de Gondomar. A través do escapismo deberán recuperar o fulgor dalgunha estrela feminina que por algún motivo cambiou o rumbo da historia, dando así luz a nomes como Isabel Zendal ou Maruja Mallo entre outras
moitas.
Por último o departamento de Igualdade de Gondomar lembra que a loita e as reivindicacións deben prolongarse todo ano. Así, nos próximos días, abrirase o prazo
de inscripción dunha nova convocatoria de formación online onde se abordarán cuestións como a educación para a diversidade, actuacións fronte ao acoso sexual ou a igualdade de oportunidade en actividades de lecer e tempo libre.