^ Ir arriba

novas

Martes, 19 Abril 2022 19:57

O CONCELLO PON EN MARCHA UNHA NOVA EDICIÓN DO SEU PROGRAMA DE LECER E TEMPO LIBRE “GONDOVERÁN”

2O4A9427.jpg

O CONCELLO PON EN MARCHA UNHA NOVA EDICIÓN DO SEU
PROGRAMA DE LECER E TEMPO LIBRE “GONDOVERÁN”
Destinado a facilitar a conciliación da vida laboral e familiar, se
celebrará durante as mañás do mes de xullo.
Gondomar, 19 de Abril de 2022. O Concello de Gondomar abre o prazo de
solicitudes para unha nova edición do seu programa de lecer activo
“GONDOVERÁN”. Destinado a nenas e nenos de 3 a 12 anos de idade,
este programa combina o xogo con actividades creativas, culturais e de
coñecemento do entorno próximo.
Este xoves 21 de abril se abre o prazo de presentación de solicitudes
que rematará o día 2 de maio.
Os beneficiarios de este programa deberán cumprir unha serie de
requisitos entre os que se atopan; estar empadroado/a no Concello de
Gondomar, ter nacido entre os anos 2009 e 2019, e que os seus dous
proxenitores ou titores sexan traballadores en activo.
O rexedor local destaca que “este programa ademáis de facilitar que os
nenos e nenas de Gondomar sigan en contacto cos seus amigos e
compañeiros e continúen a sua formación a través do xogo na época
estival, tamen e unha ferramenta moi importante para que pais e nais
poidan seguir desenvolvendo a súa vida laboral con normalidade”