^ Ir arriba

novas

Mércores, 11 Maio 2022 10:28

DIA DAS LETRAS GALEGAS

LETRAS GALEGAS CARTEL OK.jpg

O Concello de Gondomar pon en marcha distintas actividades para conmemorar o Dia das Letras Galegas.

Dende o día 13 e ata o 29 de de maio Gondomar acollerá distintas actividades literarias, culturais e gastrnomicas para conmemorar o Día das Letras Galegas 2022.

O Concello de Gondomar pon en marcha un programa de actividades denominado “Gondomar en Galego” que abarca a literatura, a música, o teatro e incluso o deporte. Paco Ferreira destacou que “a literatura galega e o noso idioma son unha parte fundamental da nosa cultura e da nosa identidade, pero esta forma parte de un todo que tamén inclue a gastronomía, a cultura, e incluso o deporte”.


Por elo según o rexedor municipal “este ano programamos unha serie de actos moi variados para achegarnos a nosa lingua e a nosa cultura dende perspectivas e ámbitos moi diferentes”.
Así os actos comenzar o día 13 coa Festa da Empanada, que en colaboración con OVALMI se prolongará ata o día 17 de maio.


O día 15 deste mismo mes a Agurpación Musical de Vincios en colaboración con Espazo Lectura levarán a cabo un espectáculo poético musical a partir das 19:00 horas na Praza da Paradela.

Xa o memso día 17, día das Letras Galegas comezará na xornada de mañá coa Festa da Bici do Val Miñor con saida e chegada diante da casa do Concello de Gondomar. Ese mesmo día pola tarde terá lugar un acto que se iniciará as 18:30 horas na mesma praza de A Paradela no que calquera cidadan que o desexe poderá prarticipar coa lectura de un fragmento de calquera obra literaria en galego. Para apuntarse a esa actividade deberán remitir un correo a Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. cos seus datos persoais e indicando o texto elexido.

Esta xornada rematará cunha actuación a cargo da Asociación Folclórica tradicional Os Ventos de Comesaña”.
Como colofón a estes días de actividades o día 29 está programada una visita a Catoira para acudir a representación da obra “As 8 da tarde cando morren as nais” a cargo do Centro Dramático Galego. Para os interesados en acudir haberá un autobús gratuito dende Gondomar. Para anotarse a esta actividade deberán facelo a través da taquilla electrónica do Concello.