O argumento alegado pola empresa para o incumplimento do servizo son as obras que manteñen cortada a rúa Emigrante, pretexto que o goberno municipal considera inxustificado o ser habilitada unha vía alternativa pola rúa As Pereiras, que fai que o tráfico de vehículos destas características quede totalmente normalizado. De feito, esta vía alternativa é a usada polos outros transportes pesados e de viaxeiros como o transporte de escolares que realizan Galisur, Autos Grova, etc.
Segundo Ferreira: “esto non deixa de ser un pretexto que a empresa esgrime para refusar o ter que realizar dito servizo as parroquias de Chain e Morgadans”. Por elo hoxe mesmo requeriuse novamente a empresa para que restitua inmediatamente o servizo. Así, como a Xunta de Galicia que ten a competencia para que se inicie un expediente informativo e que obligue a concesionaria Melytour a restituir e cumprir o servizo establecido para Gondomar o cen por cen.