Como sabedes, nesta época do ano é o momento crítico na propagación da vespa Velutina, pois é xustamente cando a raiña comeza a súa acción pre-reprodutiva. Pois ben, dende a Concellaría de Medio Ambiente de Gondomar queremos axudar á concienciación e á loita contra esta praga a través deste anuncio e con esta sinxela trampa para capturalas doada de construir como se pode ver nas fotos que vos acompañamos (quen queira pode pasar pola Concellaría e comprobalo "in situ").
O Alcalde de Gondomar, Paco Ferreira presidiu a presentación da III Milla Solidaria de Anemia Fanconi, que se celebrará o día 26 de Marzo na vila. Estivo acompañado pola Concelleira de Deportes Nuria Lameiro , o Alcalde de Nigrán Juan González, a Concelleira de Deportes de Baiona Mª Jesús Martins, Óscar Fernández Director técnico da Federación Galega de Atletismo, representantes da Asociación Española de Anemia Fanconi e representantes de ADROVI (Asociación de Doantes e Receptores de Órganos de Vigo).