O sábado 6 de maio, ás 20:00 horas, no Auditorio Lois Tobío, a través da Concellería de Igualdade e en colaboración coa Deputación de Pontevedra, terá lugar a proxección da película colaborativa Visións, enmarcada no proxecto da Deputación de Pontevedra "Cinema e muller", que ten por obxectivo visibilizar as creadoras do audiovisual da provincia para promover unha maior participación das mulleres na creación da cultura e da arte.
Esta fin de semana tivo lugar o II Trofeo Internacional Concello de Vigo, organizado polo CP Vagalume Celtamotor e onde participaba o Club Patinaxe Artístico Gondomar en grupos pequenos conseguindo revalidar título ao subirse ao máis alto do podium, acompañados polo Club Carpa Viqueira de Vigo e O Fontiñas de Santiago.
O sábado 6 de maio, ás 20:00 horas, no Auditorio Lois Tobío, a través da Concellería de Igualdade e en colaboración coa Deputación de Pontevedra, terá lugar a proxección da película colaborativa Visións, enmarcada no proxecto da Deputación de Pontevedra "Cinema e muller", que ten por obxectivo visibilizar as creadoras do audiovisual da provincia para promover unha maior participación das mulleres na creación da cultura e da arte.
Hoxe comeza a lectura do libro “Os Bolechas no camiño da igualdade” nos colexios de Gondomar. A actividade, que se desenvolverá no CEIP Souto Donas, CEP Xosé Neira Vilas e CEIP Chano Piñeiro, correrá a cargo do alcalde, Paco Ferreira, a concelleira de Igualdade, Nuria Lameiro, e funcionarios do Departamento de Igualdade.
O concello de Gondomar anuncia que o último luns de abril acaba o ciclo de mercadiños que ata agora se celebraba os luns.
A Concellería de Comercio e Emprego organiza en colaboración coa Casa Colorida e con Imaxinaria.org, un encontro dirixido a todos aqueles que desexan un modelo de vida alternativo, unha opción económica sustentable, un equilibrio nas relacións humanas, aos que pretenden ter a iniciativa das súas vidas, aos que non queren depender de intereses alleos , aos que foxen de intereses mercantilitas.
A asociación de Empresarios e Comerciantes do Valmiñor (OVALMI) e a Concellería deTurismo e Comercio do Concello de Gondomar, convocan a todos os hostaleiros de Gondomar a unha reunión que terá lugar o día 20 de abril no Centro Neural ás 17:30 horas.