Este domingo ás 11,30, no Centro Neural teremos as segundas xornadas de Economía social.
Son continuidade das celebras o 22 de abril, nas que expertos chegaron de Catalunya para compartir os grandes avances que teñen logrado na construción dun eficiente e ambicioso modelo de relacións económicas e sociais mais xusto.
Un ano máis, a Concellería de Comercio do Concello de Gondomar en colaboración coa Dirección Xeral de Comercio e Consumo e a praza de abastos de Gondomar, celebra a campaña “Quere o teu mercado”, co obxectivo de apoiar, promocionar e visibilizar o papel dos mercados nas vilas, potenciando así a compra do produto local e mostrar a profesionalidade dos praceiros e praceiras.