Homes traballadores ou familias monoparentais que, entre o 01/05/2016 e o 31/05/2017 inclusive, teñan unha situación de redución da súa xornada de traballo para coidado dunha filla ou fillo menor de 3 anos ou menor de 12 no suposto de que padeza unha discapacidade recoñecida de porcentaxe igual ou superior ao 33%.
PERSOAS BENEFICIARIAS: Homes traballadores ou familias monoparentais (homes ou mulleres).
REQUISITOS: entre outros requisitos e condicións:
a)-estar empadroado en Galicia;
b)-convivir coa filla ou fillo;
c)-no seu caso, a cónxuxe ou parella debe estar traballando;
d)-ter uns ingresos non superiores a 5,5 veces o IPREM segundo a declaración do IRPF do último período impositivo con prazo de presentación vencido (2015).
CONTÍA DAS AXUDAS: Dende 1.700 aos 3.700 euros, en función da porcentaxe de redución da xornada e da súa duración, e do número de menores ao seu cargo.
PRAZO DE SOLICITUDE: ata o 19 de xuño de 2017
INFORMACIÓN: www.igualdade.xunta.es, no teléfono 881 999 163, no enderezo electrónico Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. ou no CIM Gondomar