^ Ir arriba

novas

Luns, 15 Maio 2017 10:23

Programa Turismo Social de imserso para a tempada 2017-2018

O Departamento de Benestar Social do Concello de Gondomar, ten aberto o prazo de presentación de solicitudes para o Programa de TURISMO SOCIAL DO IMSERSO PARA A TEMPADA 2017-2018.

Poderán acceder a este programa as persoas residentes en España que reúnan os requisitos exixidos, entre eles o de ser pensionista, perceptor de prestación ou subsidios con sesenta anos cumpridos, pensionista de viudedade con cincuenta e cinco anos, ou asegurado ou beneficiario do sistema de Seguridade Social, con sesenta e cinco anos ou máis.
O prazo de presentación de solicitudes está aberto dende o día 9 de maio ata o 7 de xuño de 2017.
As persoas interesadas poderán informarse no Departamento de Benestar Social, na Casa da Cultura e presentar a súa solicitude.