No acto estaban presentes D. José Luis Froiz Espiño, Presidente de OVALMI; D. José Ángel Gonzalez Goce, Vicepresidente de OVALMI, D. Xosé Antón Arauxo, Concelleiro de Comercio e Turismo do Concello de Gondomar e Dna. Esther Lorenzo, Representante da hostalería en Gondomar e participante nesta edición.
Este ano poderase degustar a empanda en 17 establecementos de Gondomar, doces, tradicionais e innovadoras, algunhas manteñen en segredo o ingrediente usado para a súa realización.
Por segundo ano consecutivo, quérese atopar á "Mellor Empanada 2017", grazas aos votos dos asistentes durante estes días de celebración.
Entre todas as persoas que participen sortearase un magnífico premio, doado polo Balneario Talaso Atlántico.