^ Ir arriba

novas

Venres, 12 Maio 2017 16:11

XXVIII Edición da Festa da Bicicleta.

O Concello de Gondomar coa colaboración do Concello de Nigrán e de Baiona, organiza a XVIII edición da Festa de Bicicleta o vindeiro día 17 de maio.

Poden participar persoas maiores de 7 anos que teñan unha bicicleta e casco (obligatorio). As inscricións e recollida de dorsais faranse o mesmo día da festa 40 minutos antes de dar comezo a actividade. O número de dorsal dará dereiro a participar no sorteo final de agasallos.
A saída dende Gondomar é as 10,30 h. da Praza do Concello, pasando por Ramallosa dirección Baiona onde é a saída ás 11,30 h. dende o Parque da Palma, ao mesmo tempo darase a saída dende o Pavillón de Panxón, para volver todo o pelotón a pasar por Ramallosa sobre ás 12,00 h. e rematar todos na Praza do Concello de Gondomar.
Ao final terá lugar o sorteo da bicicleta e os agasallos para cada Concello individual.

festa da bicicleta 2017