Nestas segundas xornadas centrámonos nun obxectivo máis concreto, máis tanxible, máis local. Queremos que a moeda local serva para incentivar as relacións económicas endóxenas, dentro do concello, e particularmente para impulsar o Comercio Local.
Todas as experiencias históricas, da posta en marcha de moedas locais, así o acreditan. Por tanto, queremos coñecer e por en marcha, en sintonía co comercio local, o recurso da moeda local.
Para mostrar o seu funcionamento, nestas segundas xornadas centrámonos nun obxectivo máis concreto, máis tanxible, máis local. Queremos que a moeda local serva para incentivar as relacións económicas endóxenas, dentro do concello, e particularmente para impulsar o Comercio Local.
Para informar sobre o proxecto, estará con nos A Asociación de Empresarios de Santa Comba que ten marcha un proxecto moi interesante para dinamizar o comercio local e a economía de toda a súa comarca, denominado Costavales, cos eu directivo Manuel Amigo.
Os costavales consisten nun sistema de vales de compra que se poden conseguir por medio dos propios comercios que despois os aceptan nas compras que realicemos neles.
Convidámosvos a toda a xente de Gondomar a coñecelos, para saber das súas vantaxes, tanto para os comercios como para a súa clientela, e o conxunto da poboación da nosa comarca.
O concelleiro de turismo, comercio e emprego
Xosé Antón Araúxo Rodríguez