O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, visitou hoxe varios puntos conflictivos en distintas parroquias e casco urbano nos que se levarán a cabo pasos de peóns elevados, bandas reductoras de velocidade e señalización de limitación de velocidade, baixo a dirección do Departamento de Infraestructuras e Obras; ubicados en entradas de guarderías, colexios e lugares específicos destacados pola afluencia de peóns na vía.
Os maiores de Gondomar están convidados a participar no xantar que se celebrará o día 14 de febreiro na Residencia de Tempo Libre de Panxón.
Dende a Concellería de Igualdade do Concello de Gondomar infórmase que vaise por en marcha o programa Conectadas, unha iniciativa que ten como obxectivos mellorar a formación básica das mulleres na comunidade para favorecer as relacións interpersoais e o intercambio de experiencias, contribuír a mellorar a súa empregabilidade e o seu mantemento no mercado de traballo, reducir a brecha dixital mediante a utilización da información e as novas tecnoloxías e superar os malestares das mulleres derivados da desigualdade de xénero, impulsando accións formativas que incorporan de maneira transversal os principios de igualdade, corresponsabilidade e conciliación da vida persoal, laboral e familiar.
O Concelleiro de Comercio Xosé Antón Arauxo Rodríguez e Jose González Goce, Vicepresidente da Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor (Ovalmi) fixeron entrega dos premio aos gañadores do I Concurso de Escaparates e Ambientación de locais de Nadal no Concello de Gondomar, obsequiando aos gañadores cun cheque de 300 € ao 1ª premio de cada modalidade, e un diploma para todos eles.