^ Ir arriba

novas

Martes, 24 Xaneiro 2017 17:14

Terapia contra o tabaco no Concello de Gondomar.

A concellería de Benestar e Saúde do Concello de Gondomar en colaboración co médico Xulio Castañal Canto presentou a semana pasada a terapia de grupo para deshabituación do tabaquismo no CDL do municipio.

O tabaco é unha das principais causas de morte e enfermidade hoxe en día, a terapia que se propon en este plan ten duas vertente: un tratamento cognitivo-conductual e outro farmacolóxico. Os participantes tenrán o apollo de un médico e unha enfermeira en sesións presenciais e tamén a través de soporte telefónico. As sesións levaranse a cabo os martes pola tarde, puidendo adaptarse o horario as demandas dos pacientes.


A terapia grupal, na que participarán entre 10 e 12 persoas celebraranse no Centro de Salude de Gondomar, e se iniciarán a primeros de febreiro. Actualmente estanse recibindo as inscripcións dos participantes, no mesmo Centro de Salude ou no Concello de forma presencial; chamando o teléfono 986 36 07 81 (Centro de Salude) ou o 616 40 95 70 (Concellería de Sanidade). É necesario proporcionar datos persoais, como nome, apelidos, dirección, centro de salude no que recibe atención primaria e o nome do médico de cabeceira que o atende.


Os interesados poderán anotarse en tres grupos distintos: o grupo 1, de cesación brusca, en tres ou cuatro semanas os pacientes deixarán o tabaco. O grupo 2 no que a abstinencia pode demorarse ata cutro meses e por último, o grupo 3, para aqueles a procura de unha disminución no consumo.


Dende a Concellería de Benestar e Saude destacase a grande demanda e as numerosas inscripciones que se están a recibir, sobre todo para os grupos 1 e 2. Tamén chaman a atención acerca do interese de pacientes de fora da área do Val Miñor, primeiro darase cobertura os pacientes da área e logo cubriránse as prazas co resto de interesados. Aqueles que queden fora de este primeiro plan de terapia poderán optar en un futuro a posteriores terapias grupais.

tabaco