^ Ir arriba

novas

Venres, 03 Febreiro 2017 11:48

Bases para o concurso-desfile de comparsas e carrozas Entroido 2017

O Concello de Gondomar, a través da Concellería de Cultura Da. Nuria Lameiro Valverde, propón as bases para a participación no tradicional Gran Desfile de Comparsas, acto principal do “Entroido 2017”, e que se celebrará o domingo día 26 de Febreiro a partir das 16:00 h. no serán.

As comparsas:
• Para participar no desfile, deberán inscribirse no Rexistro do Concello de Gondomar www.concellodegondomar.gal na pestana de xestión electrónica.
• O prazo de inscrición rematará o domingo 12 de Febreiro de 2017 ás 00:00 horas.
• Cada comparsa comporase dun mínimo de 20 persoas adultas maiores de 18 anos.

Máis información nas Bases, que poden descargarse na seguinte enlace, ademáis do Anexo e a Instancia de inscrición.

Bases para o concurso-desfile de comparsas e carrozas Entroido 2017

 MG 0649