^ Ir arriba

novas

Martes, 14 Febreiro 2017 16:11

Ferreira levará a cabo un plan de seguridade viaria no municipio.

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, visitou hoxe varios puntos conflictivos en distintas parroquias e casco urbano nos que se levarán a cabo pasos de peóns elevados, bandas reductoras de velocidade e señalización de limitación de velocidade, baixo a dirección do Departamento de Infraestructuras e Obras; ubicados en entradas de guarderías, colexios e lugares específicos destacados pola afluencia de peóns na vía.

En concreto, no colexio Souto Donas, inmediacións da Igrexa de Donas na zona de Mosteiro; frente o colexio infantil e guardería San José de Borreiros, urbanización San Benito, o lado da guardería A Galiña Azul; Auditorio Lois Tobio, etc. Este plan irá unido o plan de seguridade da Diputación de Pontevedra.

A finalidade é mellorar a seguridade dos peóns tanto dentro do casco urbano como nas parroquias e garantir unha disminución da velocidade de circulación do tráfico rodado en todo Gondomar; o obxetivo é mellorar non só a seguridade viaria de peons e reducir a velocidade do tráfico rodado se non gañar calidade de vida en xeral.

IMG 20170213 WA0001

IMG 20170213 WA0002