^ Ir arriba

novas

Luns, 30 Xaneiro 2017 11:10

Nova edición do programa“Conectadas”.

Dende a Concellería de Igualdade do Concello de Gondomar infórmase que vaise por en marcha o programa Conectadas, unha iniciativa que ten como obxectivos mellorar a formación básica das mulleres na comunidade para favorecer as relacións interpersoais e o intercambio de experiencias, contribuír a mellorar a súa empregabilidade e o seu mantemento no mercado de traballo, reducir a brecha dixital mediante a utilización da información e as novas tecnoloxías e superar os malestares das mulleres derivados da desigualdade de xénero, impulsando accións formativas que incorporan de maneira transversal os principios de igualdade, corresponsabilidade e conciliación da vida persoal, laboral e familiar.

"Conectadas 2017" está destinado ás asociacións, federacións e fundacións sen ánimo de lucro que teñan como obxectivo e ámbito de actuación a promoción das mulleres, que apoien o seu desenvolvemento e empoderamento, ao igual que o seu tecido asociativo e a paulatina consecución do obxectivo da igualdade entre mulleres e homes. Cada unha das asociacións poderá solicitar unha única acción formativa ao abeiro desta iniciativa cuxas actividades están abertas a toda a poboación, pero con preferencia para as mulleres xa que unicamente se reserva o 25% das prazas para homes, agás nos obradoiros do bloque "Súmate ao cambio", no que a participación pode ser mixta ao 50%. Os cursos, cunha duración de 35 horas (5 delas para un módulo de sensibilización na Igualdade de oportunidades) e un prezo non superior aos 6 euros para as persoas participantes, deberán reunir 15 prazas e, como máximo, entre 20 e 25.

As accións formativas de "Conectadas 2017" suman un total de 47 obradoiros distribuídos entre oito bloques temáticos: "Muller emprende" (emprendemento), "Muller e cultura" (dedicado ás artes visuais), "Actualízate" (alfabetización dixital), "Coas túas mans" (traballos manuais), "Porque ti o fas" (xardinería e ornamentación floral), "Súmate ao cambio" (cociña, costura, coidados e dependencia, corresponsabilidade, reciclaxe, bricolaxe…), "Ponte en forma" (deportes) e "Coidados persoais".

conectadas comodin