^ Ir arriba

novas

Martes, 25 Abril 2017 10:38

IV certame literario do Día das Letras Galegas.

O Centro Cultural e Veciñal de Peitieiros convídavos a participar no IV certame literario do Día das Letras Galegas de acordo coas seguintes bases:

Bases:

- Poderá participar calquera persoa cunha obra orixinal e inédita escrita en galego (normativa oficial).
- Admitiranse textos en prosa ou verso, dunha extensión máxima de dúas páxinas (corpo da letra 12, interlineado 1,5).
- Presentaranse por triplicado antes do 12 de maio remitíndoos por correo ao seguinte enderezo: CCV Peitieiros, Peroleira 33, 36389 Gondomar: facendo constar no sobre “certame literario”.
- Establécense tres categorías:
a) até os 12 anos
b) de 12 a 18 anos
c) de 18 anos en diante
- As obras deberán presentarse sen nome da/o autor/a nun sobre pechado No interior virá outro sobreque por fóra indicará a categoría en que se participa e dentro traerá os datos da autora ou autor: nome, DNI, enderezo, correo electrónico e teléfono, e se o estima unha moi breve biobibliografía.
-  Haberá un premio por cada categoría, consistente nun lote de libros e un diploma.
-  A decisión do xurado será inapelábel. A participación no concurso implica a aceptación destas bases.
- Os premios daranse a coñecer o día 21 de maio, ás 19 horas, no acto das Letras galegas que se desenvolverá no Centro Cultural de Peitieiros, en que se abrirán as plicas e as e os gañadores darán lectura á súa obra.

Anímate! Participa!


Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.
https://www.facebook.com/pages/Centro-Cultural-de-Peitieiros/

Certame DIA DAS LETRAS GALEGAS 2017 2