^ Ir arriba

novas

Xoves, 09 Marzo 2017 12:23

Ópera en Gondomar para toda a familia.

A Concellería de cultura, dirixida por Nuria Lameiro organiza un evento adaptado para toda a familia: este sábado representarase a obra A Frauta Máxica; é a primeira vez en Gondomar que unha ópera pisa o escenario do Auditorio Lois Tobio.

O despacho de billetes abrirase unha hora antes, comezando o espectáculo ás 20h; o prezo da entrada é de 2,50€. A Frauta Máxica foi e é unha das óperas máis aclamadas dirixidas por Mozart, representada neste caso pola “Camerata Lírica de España”, baixo a dirección de Rodolfo Albero. A compañía promete transmitir aos nenos, nenas e maiores o significado da obra e o sentido dos seus personaxes facendo do seu argumento un acceso directo á mellor ópera alemá.

cartel opera