^ Ir arriba

novas

Venres, 03 Marzo 2017 10:44

Os funcionarios de Gondomar estrearon o sistema de pegada dixital.

Os funcionarios de Gondomar estrearon o mércores o sistema detector de pegada dixital instalado en dependencias municipais co obxectivo de modernizar a administración pública e controlar o horario laboral do persoal municipal.

Os ao redor de 65 funcionarios que forman parte do persoal municipal, incluído o persoal laboral identifícanse xa cada día deixando o seu sinal dixital á entrada e á saída do traballo nos distintos dispositivos instalados tanto no consistorio como noutras dependencias municiapales (Urbanismo, Conservatorio de Música e Casa da Cultura). Ademais, o persoal afrontou un incremento de hora e media dirario na súa xornada coa entrada en vigor do novo horario impulsado polo alcalde, Paco Ferreira. Con iso, realizan sete horas máis á semana pasando de 32 a 37,5 horas de traballo á semana.
A xornada laboral esténdese de luns a venres en horario de 8 a 15 horas e os traballadores están obrigados a fichar ao chegar e ao abandonar as dependencias. Unha resolución enviada previamente a cada traballador indicoulles o horario para realizar. Ademais, desde Recursos Humanos contrólanse tamén os denominados días de asuntos propios que gocen e vacacións.
A medida foi acordada con traballadores e sindicatos mediante notificación de alcaldía. Cada traballador trasladou os seus datos ao departamento de recursos humanos encargado da implantación do control horario mediante pegada dixital. Segundo o rexedor, o obxectivo é mellorar a produtividade dos traballadores e o servizo aos cidadáns.
Os datos falan por se sós, dando conta da efectividade da medida. Na práctica, o incremento de xornada laboral tradúcese en 20 horas máis de produtividade ao mes, por funcionario. O dato, multiplicado por ao redor de 65 traballadores en persoal, suporá 1.300 horas máis de produtividade ao mes e ao redor 15.600 horas máis ao ano), algo que o rexedor espera que "repercuta no benestar dos veciños e veciñas do municipio".

17098640 1809037616025459 777426144238086491 n