^ Ir arriba

novas

Xoves, 09 Marzo 2017 12:09

Gondomar acolle a III Milla Solidaria de Anemia Fanconi.

O Alcalde de Gondomar, Paco Ferreira presidiu a presentación da III Milla Solidaria de Anemia Fanconi, que se celebrará o día 26 de Marzo na vila. Estivo acompañado pola Concelleira de Deportes Nuria Lameiro , o Alcalde de Nigrán Juan González, a Concelleira de Deportes de Baiona Mª Jesús Martins, Óscar Fernández Director técnico da Federación Galega de Atletismo, representantes da Asociación Española de Anemia Fanconi e representantes de ADROVI (Asociación de Doantes e Receptores de Órganos de Vigo).

A carreira solidaria chega este ano a Gondomar despois de celebrarse os anos anteriores en Nigrán e Baiona. Celebrarase o día 26 cunha percorrida contorna ás inmediacións do campo de Futbol das cercas a partir das 10:30, un total de 1069 metros que un ano máis tamén se fará en cadeira de rodas e con categorías diferenciadas e adaptadas.
Como lembraron os asistentes resulta de fundamental importancia para enfermidades como a Anemia Fanconi que exista unha concienciación sobre a necesidade de doar médula. Por iso a Asociación poñerá a tarde do sábado 25 a disposición dos asistentes un espazo no que expliquen como leva a cabo esta doazón, ese mesmo día é o marcado para a recollida de dorsais (16-20h) no Centro Neural (Xefatura de Tráfico) de Gondomar.
Para poder participar na carreira é necesario apuntarse antes do día 22 deste mes, o importe íntegro será doado á Asociación Española de Anemia Fanconi. A inscrición poderase formalizar na páxina web Carreiras Galega, presencialmente na Piscina do Val Miñor en Ramallosa, en Deportes Athletics en Avda. Balaídos 41(Vigo) e en Bikila na Avda. de Castrelos 190 (Vigo).
No caso de que non se queira correr a carreira pero si facer o donativo a organización creou o Dorsal 0, desta maneira farase a achega de diñeiro para esta causa.

fanconi