^ Ir arriba

novas

Mércores, 15 Marzo 2017 10:26

Aviso importante sobre a vespa velutina

Como sabedes, nesta época do ano é o momento crítico na propagación da vespa Velutina, pois é xustamente cando a raiña comeza a súa acción pre-reprodutiva. Pois ben, dende a Concellaría de Medio Ambiente de Gondomar queremos axudar á concienciación e á loita contra esta praga a través deste anuncio e con esta sinxela trampa para capturalas doada de construir como se pode ver nas fotos que vos acompañamos (quen queira pode pasar pola Concellaría e comprobalo "in situ"). 

A maiores disto, temos un dispositivo moi efectivo contra a proliferación dos niños de Velutinas en colaboración cos apicultores do Concello, que de maneira totalmente altruista e sobre todo efectiva, están sempre antentos á chamada da veciñanza que que detecte niños desta praga.

 Construir unha trampa caseira e efectiva.

As raiñas das velutinas saen agora e van directas á flor da camelia, así como a outras prantas tropicais con frores chamativas.

Dentro da trampa só hai que introducir calquera destes produtos: 150 ml de cervexa negra; 150 ml de viño blanco ou 75 ML de zume de arándanos, grosella ou similar (froitos vermellos) con azucre.

Cómpre lembrar que por cada raiña que capturemos estamos evitando o nacemente de 47.000 potenciais vespas velutinas.

trampa velutina