O xoves 19 tivo lugar nas instalacións do Obradoiro de Emprego Terras do Miñor III, a 3ª Edición do Concurso de Pinchos.
Mónica Valverde Posada levou o primeiro Premio co Pincho "Erilao" feito de ourizo, bacallau confeitado e ovas de lumpo con salsa tártara.
O segundo Premio e o premio ao Pincho máis Creativo foron para José Manuel González Melón co Pincho denominado "Mar y Tierra en Vinagreta José Manuel"
O terceiro Premio e Premio á Mellor Técnica levouno Jésica Araujo Rey co Pincho "Nido de Codorniz"
E o Premio á Mellor Degustación recaiu en José Gonzalo Fernández Peleteiro co Pincho "Rulo de Matanza y Mencía Parmentiere de Grelos".
O Xurado estivo formado por Fernando Paredes e Alejandro Pires, recoñecidos profesionais do sector e a representante da 2ª edición,Ana Belén Lago.
O prazo rematará o próximo mércores 25 de febreiro
A Concellaría de Xuventude do concello de Gondomar, dirixida por Ignacio Troncoso impartirá un novo curso de "Lingua de Signos", con esta nova acción formativa preténdese que a xuventude de concello achegue no seu currículo a diferenza ou marca persoal distintiva que poida favorecer a súa contratación, así como o coñecemento dunha nova forma de expresión.
Este curso impartirase de martes a venres en horario de mañá dende o 10 de marzo ao 21 de abril cunha duración total de 60 horas.
Para poder inscribirse, os interesados/ás terán que presentar antes do 5 de Marzo a súa solicitude e documentación na Oficina Municipal de Información Xuvenil de Gondomar.
O Concello de Gondomar outorgou a Unión Fenosa a correspondente licenza para o cambio das liñas de media tensión paralelas ao río Miñor, entre a ponte da circunvalación Diego Sarmiento Acuña e a ponte da avenida do Conde.
O soterramento desta liña, explica Juan Carlos González concelleiro de Medio e Servizos "é unha demanda histórica dos veciños de Gondomar".
Segundo explica o concelleiro de Medio, esta obra poderase levar a cabo dado que o goberno municipal, observou no traballo que se está a levar a cabo nos aparcadoiros da Avenida Diego Sarmiento, a posibilidade desta canalización necesaria para o soterramento das liñas de media tensión. Outro dos aspectos que favoreceu esta acometida foi o alto grao de colaboración que nos últimos anos existe entre o goberno municipal e Unión Fenosa Distribución, sendo esta a que se comprometeu ao cambio da liña unha vez finalicen os traballos do aparcadoiro que nun principio se estima estarán rematados no mes de marzo.
O concelleiro de Medio e Servizos Juan Carlos González afirma que "o cambio desta liña terá un dobre beneficio, xa que por un lado se mellora tecnicamente a calidade da infraestrutura eléctrica e por outro lado poderase recuperar o bosque de Ribeira nesa marxe do río, que ata agora tiña que ser podado xa que o mantemento da liña así o esixía, por non dicir o desagradable impacto paisaxístico que esta infraestrutura exercía neste ámbito".
O domingo día 15 tivo lugar desfíleo de Comparsas do Entroido 2015 en Gondomar, as rúas do centro enchéronse de colorido e fantasía para deleitar a gran afluencia de público. Abriuse a xornada coa la lectura del pregón, que este ano correu a cargo de Silva Jato. E o grupo "Voltereta Volvoreta" foi o encargado de animar a espera do desfile que comenzou as 16.00 horas e no que participaron 15 comparsas vindas de Nigrán, Baiona, Tomiño, Goian, A Garda, Vigo e Gondomar. A orde das comparsas para o percorrido foi o seguinte, "Chegaron os que faltaban", "Luces de Tomiño", "Asociación Comparsa Ciklón", "O imperio do rei Escorpión", "Fantasía de primavera", "Lunáticos de Chaín", "Piratadas por un tubo", "7 artes para un entroido", "O noso circo", "Vinciocas-pirata", "Parodia nacional", "Be Africa", "A fábrica dos soños", "Os terribles de Tebra" e "Fantasía de Nigrán", ata chegar o concello. Completando estas a comparsa de "La Asociación Cultural de Beirán" como invitada. No concello celebrouse unha gran verbena animada polo trío Azar, quen tamén foron os presentadores e animadores do desfile.
A festa continúa o martes 17 de Febreiro coa verbena musical de Carnaval que, dende as 22.00 horas, estará amenizada polo grupo 'Aramio'. A partir das 00.00 horas daranse a coñecer as comparsas e carrozas gañadoras, realizándose a entrega de premios, ás tres primeiras comparsas gañadoras faráselles entrega dunha cesta con produtos típicos do Carnaval valorada en 150 € cada unha.
O mércores, 18 de Febreiro, celebrarase o tradicional Enterro da Sardiña. Ás 19.30 horas terá lugar o funeral de Dona Sardiña e ás 20.30 horas comezará a comitiva, a lectura do testamento e o propio enterro de Dona Sardiña, que dará, por finalizado este Carnaval 2015.
Os máis pequenos debido ao mal estado do tempo, este ano tiveron que celebrar o habitual evento de "Corre coa túa máscara" no seu centro de ensino. Os Colexios Rurais Agrupados (CRA), celebraron esta festa de Carnaval no Pavillón Municipal, onde dende o concello se colaborou coa entrega dos saborosos Doces de Copena, botellas de auga e unhas deliciosas galletas elaboradas polo Obradoiro de Emprego "Terras do Miñor III" .
Este luns 16 de Febreiro, terá lugar a Festa Infantil "San Saltin". Dende as 16.30 horas, que se trasladará o Pavillón Municipal debido o mal estado do tempo onde os máis pequenos poderán gozar con xogos de consola WII, talleres de maquillaxe, saltar nos inchables, contemplar un grande espectáculo de maxia, todo iso amenizado con animación musical.
O martes 17 de Febreiro, a partir do 16.30 horas, celebrarase o Desfile Infantil na Praza da Alameda onde os máis pequenos poderán divertirse con música e Baile onde poderán distraerse e gozar co grupo "Volvoretas de Refugallo", todos os participantes recibirán un obsequio cedido dende a Concellaría de Cultura dirixida por Ignacio Troncoso, acompañado da saborosa e típica "orella de carnaval".
Este martes, tivo lugar na Residencia de Tempo Libre de Patos unha Xornada Mancomunada de Almorzos Saudables na que participaron 150 alumnos/as pertencentes aos Centros de Educación Infantil e Primaria de Serra-Vincios, Da Cruz-Camos, Fontes Baiña, Belesar e Sabarís.
Esta xornada foi realizada polo alumnado traballador do Obradoiro De Emprego Terras do Miñor III, que foron os encargados/as de guiar aos escolares nos diferentes talleres que se levaron a cabo, onde os máis pequenos/as se converteron en xefes de cociña elaborando, macedonias de froitas e madalenas integrais que posteriormente puideron degustar xunto cos boliños con tomate e ibérico e os iogures con marmelada e froitos secos que prepararon os alumnos/as traballadores/as de Operacións Básicas de Cociña e serviron os Alumnos/as traballadores/as de Servizos de Restaurante.
A visita dos escolares rematou, cunha charla formativa sobre comidas saudables impartida pola Naturópata Terapeuta Gloria Pérez.
O Centro de Información á Muller de Gondomar impartirá un novo curso de pintor ou pintora, esta nova acción formativa irá dirixida preferentemente a mulleres de Gondomar e paradas de longa duración.
Cun máximo de quince alumnas, terá unha duración de 80 horas, repartidas 40 horas de formación teórica e 40 horas de formación práctica, impartiranse diferentes temas que prepararán as alumnas en tipos de pinturas a usar, preparado de superficies e bordos, condicionantes, de aplicación e rematado de pintura, técnicas de aplicación e prevención e riscos laborais en traballos de pintura.
Para poder inscribirse, as interesadas terán que presentar antes do 25 de Febreiro nas oficinas do Centro de Información á Muller de Gondomar a seguinte documentación, volante de empadroamento, fotocopia do DNI, fotocopia da tarxeta de desemprego e currículo, que lles permitirá acreditar se reúnen, os requisitos necesarios para inscribirse nesta nova acción formativa.
A Oficina Municipal de Información Xuvenil do concello de Gondomar, vén de propoñer un novo curso de monitor@ ou animador@ de festas e aniversario.
Con este novo curso, a OMIX pretende presentar esta oferta a xente que queira dedicarse ao mundo do ocio e a animación.
Esta nova acción formativa vai dirixida preferentemente a rapaces e rapazas do concello de Gondomar en situación de desemprego e con formación e interese no mundo do ocio.
O prazo da inscrición será entre os días 2 e 18 de Febreiro, pasando durante este período polas oficinas da OMIX do concello de Gondomar para poder encher a solicitude.
Para máis información os interesados poderán chamar o 986.369.746 ou enviar un correo electrónico ao correo Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.
O Obradoiro de Emprego "TERRAS DO MIÑOR III", promovido por La Mancomunidad de Concellos do Val Miñor e cofinanciado pola Consellería de Traballo e o Fondo Social Europeo acolleu o día de hoxe a celebración unha dobre xornada formativa impartida por persoal do "Consello Regulador de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia" e por persoal da Asociación Galega de Camareiro.
A primeira xornada foi impartida por Carmen Otero en representación do Consello Regulador. O obxectivo foi dar a coñecer aos alumnos-traballadores, de mans de expertos profesionais, os distintos procesos de elaboración e características das Augardentes e licores tradicionais Galegos, tamén puideron participar nunha cata guiada ampliando así os seus coñecementos no mundo dos licores.
A segunda xornada, foi impartida por Jurjo Fernández Presidente de la Asociación, quen deu a coñecer o funcionamento e as actividades, que desenvolve a devandita asociación así como as últimas tendencias no mundo da coctelería.
Coa colaboración de Adrián Villa e Guillermo González, en representación da asociación asistiron á elaboración de catro bebidas relacionados coas últimas tendencias, dous deles baseados no uso de "Augardentes Brancas Galegas".
Unha publicación mensual durante o ano en curso recollerá o talento dos mozos de Gondomar
A comunidade educativa do CEIP Serra Vincios organizou para os seus alumnos unha Xincana no Día da Paz, que tivo por finalidade a recollida de alimentos non perecedoiros. Así mostraron a súa solidariedade coas persoas máis necesitadas residentes no Concello Estas actividades de dinamización e participación social destinadas ao público infantil teñen o propósito de concienciar a alumnos e alumnas o esforzo e traballo en grupo, seguidas dunha serie de actividades que ademais serviron para exercitar as habilidades motoras tanto dos alumnos coma dos profesores que foron os últimos en realizar o percorrido, todo iso co fin de alcanzar o obxectivo marcado, que consistía en conseguir patrocinadores, cun máximo de 6 por alumno, o que levaría a 6 Kg de produto por neno.
Esta iniciativa tivo moi boa acollida entre as familias e os alumnos, todos participaron nela con moito entusiasmo, cun total de 161 alumnos/ás de Infantil e Primaria e 16 profesores do claustro.
Á terminación do acto todo unidos entoaron a canción de Magin Blanco "Meu amor estoupa".
O próximo xoves día 5 de febreiro o Concello de Gondomar ten previsto pasar a recoller todos os alimentos conseguidos, que serán destinados ás persoas máis necesitadas de Gondomar.