^ Ir arriba

novas

Venres, 20 Febreiro 2015 07:35

A OMIX de Gondomar pon en marcha un curso de lingua de signos

A Concellaría de Xuventude do concello de Gondomar, dirixida por Ignacio Troncoso impartirá un novo curso de "Lingua de Signos", con esta nova acción formativa preténdese que a xuventude de concello achegue no seu currículo a diferenza ou marca persoal distintiva que poida favorecer a súa contratación, así como o coñecemento dunha nova forma de expresión.

Este curso impartirase de martes a venres en horario de mañá dende o 10 de marzo ao 21 de abril cunha duración total de 60 horas.

Para poder inscribirse, os interesados/ás terán que presentar antes do 5 de Marzo a súa solicitude e documentación na Oficina Municipal de Información Xuvenil de Gondomar.