^ Ir arriba

novas

Mércores, 11 Febreiro 2015 07:25

Xornada Mancomunada de Almorzos Saudables

Este martes, tivo lugar na Residencia de Tempo Libre de Patos unha Xornada Mancomunada de Almorzos Saudables na que participaron 150 alumnos/as pertencentes aos Centros de Educación Infantil e Primaria de Serra-Vincios, Da Cruz-Camos, Fontes Baiña, Belesar e Sabarís.

Esta xornada foi realizada polo alumnado traballador do Obradoiro De Emprego Terras do Miñor III, que foron os encargados/as de guiar aos escolares nos diferentes talleres que se levaron a cabo, onde os máis pequenos/as se converteron en xefes de cociña elaborando, macedonias de froitas e madalenas integrais que posteriormente puideron degustar xunto cos boliños con tomate e ibérico e os iogures con marmelada e froitos secos que prepararon os alumnos/as traballadores/as de Operacións Básicas de Cociña e serviron os Alumnos/as traballadores/as de Servizos de Restaurante.

A visita dos escolares rematou, cunha charla formativa sobre comidas saudables impartida pola Naturópata Terapeuta Gloria Pérez.