^ Ir arriba

novas

Luns, 09 Febreiro 2015 07:29

Recollida solidaria de alimentos en Gondomar

O CEIP Serra Vincios fixo entrega de alimentos non perecedoiros á concelleira de Benestar Social Patricia Durán

DSC 0015

Despois da celebración da xincana solidaria realizada no colexio CEIP Serra Vincios onde os alumnos participaron nunha serie de actividades, mostrando o seu verdadeiro espírito de colaboración e esforzo a través dunha serie de xogos cos cales lograron reunir aproximadamente mais de 700 Kg de alimentos non perecedoiros.

A concelleira Patricia Duran conxuntamente con traballadores da brigada de Educación do Concello de Gondomar pasaron a recoller estes alimentos non perecedoiros que serán destinados ás preto de cen familias con recursos limitados do Concello.

En nome do Concello e no seu propio, Patricia Duran agradece o compromiso do centro nunha actividade desta natureza, na que profesores e alumnos do CEIP Serra Vincios se mostraron moi ilusionados e satisfeitos de ter participado nesta iniciativa, esperando seguir realizando actividades desta índole que permitan mostrar aos mais pequenos o valor da Solidariedade.