^ Ir arriba

novas

Mércores, 06 Maio 2015 07:41

Aberto o prazo para o Programa Benestar en balnearios 2015

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o próximo 15 de maio
O programa consiste en estanzas de dez días e nove noites nun hotel con spa, balneario ou instalacións similares da Comunidade Autónoma de Galicia, en réxime de pensión completa

O Concello de Gondomar informa de que, a Xunta de Galicia ven de por en marcha o programa Benestar en balnearios 2015. Este programa oferta un total de 600 prazas, para estadías entre o mes de xuño e decembro, ofrecendo unha estanza de dez días e nove noites en balnearios ou SPA da Comunidade Autónoma.

O paquete inclúe aloxamento e manutención en réxime de pensión completa e en cuartos dobres de uso compartido; tratamentos termais con indicacións terapéuticas e programa de actividades de animación sociocultural.

Entre os establecementos adheridos a esta iniciativa figuran Balneario de Acuña Caldas de Reis (Pontevedra), Balneario de Arnoia (Ourense), Balneario de Augas Santas - Ferreira de Pantón (Lugo), Balneario de Baños de Brea - Vila de Cruces (Pontevedra), Balneario de Baños de Molgas (Ourense), Balneario de Caldelas de Tui - Tui (Pontevedra), Gran Balneario de O Carballiño (Ourense), Balneario de Carballo (A Coruña), Termas de Cuntis (Pontevedra), Balneario de Laias - Cenlle (Ourense), Balneario de Lobios - Lobios (Ourense), Balneario do Río Pambre - Palas de Rei (Lugo), Balneario Termas Romanas - Lugo

Os veciños e veciñas que se poderán beneficiar deste programa deberán ser persoas maiores de 60 anos, ou 55 e ser, pensionistas, por xubilación, invalidez, viudez ou outras pensións, outro dos requisitos necesarios é estar empadroado residir no concello de Gondomar.
É condición indispensable non padecer ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade do programa, así como estar en condicións de total autonomía para participar nel.

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o próximo 15 de maio, e deberán presentarse, xunto co D.N.I., certificado de empadroamento, copia da declaración da renda e certificado do grao de discapacidade da persoa tutelada se fose o caso, por vía electrónica ou en soporte de papel nas delegacións da Xunta de Galicia.

Para máis información dirixirse ao Departamento de Benestar Social, sito planta baixa da Casa da Cultura de Gondomar.