^ Ir arriba

novas

Martes, 21 Abril 2015 07:47

Novo curso en Gondomar “BREEAM”, Edificación Sostible

O curso que dispoñerá de 20 prazas será gratuito para o alumnado e terá lugar entre o 11 e o 14 de maio

A concelleríía de formación e emprego do concello de Gondomar, organiza un curso BREEAM, Edificación sostible; cuxo obxectivo é impartir os coñecementos básicos de construciónsostible, a certificación de sostenibilidade, os métodos de avaliación ambiental e a formación específica BREEAM.

A formación que se suscita é técnica e específica dos sectores da construción e medio ambiente, polo que vai dirixido principalmente a arquitectos, aparelladores, enxeñeiros, enxeñeiros técnicos (industriais, minas, etc), enxeñeiros ambientais, etc.

O curso que disporá de 20 prazas será gratuito para o alumnado e terá lugar entre o 11 e o 14 de maio, ambas datas incluídas e en horario de 9:00-14:00 h. (20 horas lectivas).

Á finalización do curso os alumnos poderán obter, no caso de que superen un exame, o recoñecemento oficial "BREEAM ES ASOCIADO", que acredita que dominan os conceptos básicos do sistema de certificación.

Para poder inscribirse, as persoas interesadas deberán cubrir unha solicitude que terán á súa disposición no Centro de Desenvolvemento Local do concello, aportando copia da titulación académica relacionada co tema e presentala entre o 20 de abril e o 1 de maio. Priorizaranse as seguintes condicións;empadroamento en Gondomar, estar desempleado inscrito na oficina de emprego e antigüidade como desempleado. A xustificación destes requisitos entregaransexunto coa solicitude do curso.