^ Ir arriba

novas

Venres, 24 Abril 2015 07:41

O C.P.A Gondomar primeiro clasificado na XIII Copa Galega de Grupos Show

Este grupo viaxará a Francia no seu primeiro debut Internacional os días 6 e 7 de Xuño

O pasado sábado día 18 de Abril, celebrouse no Pazo dos Deportes Paco Paz de Ourense, a 13ª edición da Copa Galega de Grupos Show, coa organización do club local C.D Ourela. No evento participaron 260 deportistas de 15 clubs de toda Galicia. En Grupos Xuvenís clasificábase en primeiro lugar o C.P.A. Gondomar, coa coreografía, "Cousa de dous", grupo que recibiu puntuacións muy altas, separándoo do segundo clasificado cunha diferenza de 7.7 puntos.

A posta en escena da coreografía, expresión corporal, coordinación, música, vestiario están facendo deste grupo un verdadeiro espectáculo, onde compenetración e compromiso se ven reflectidos nos postos que foron alcanzando, situándoos nas primeiras posicións das clasificacións. Neste gran traballo ten parte, o seu adestrador David Figueroa, as moitas horas de dedicación por parte do adestrador e dos patinadores e patinadoras que integran o Club, están a ver reflectido o seu esforzo, dende a canteira ata os grupos de competición.

Este deporte que se está a facer oco pouco a pouco, que nestes tempos escasea de financiamento, non impide que o C.P.A. Gondomar, estea a pensar no próximo campionato e primeiro debut Internacional do Grupo de Show Xuvenil, que se celebrará en Francia, os días 6 e 7 de Xuño.

O C.P.A. Gondomar, estará presente nos moitos campionatos das distintas modalidades e categorías que se celebrarán no mes de Maio, ao mesmo tempo que prepara o Campionato Provincial. Un evento no que participarán 8 dos/as patinadores/as do Club, na modalidade libre de Cadete a Sénior e que organizan cun grande entusiasmo, xa que é a primeira vez que preparan un campionato Autonómico, que dará lugar a clasificación ao campionato de España.