Aproveitouse nesta reunión para ter unha mellor información sobre o proxecto DEPOGAP da deputación de Pontevedra, o cal é un servizo polo cal a deputación se encargaría de realizar un inventario de activos co obxectivo de dotar o concello de información interna para mellorar a súa optimización, ao mesmo tempo que se implantarían ferramentas de xestión de activos de forma centralizada para dar servizo tanto ao concello coma á Deputación.
Paco Ferreira opina que estas accións son as que fan dun concello máis xestionable e transparente logrando así desfacer barreiras e que os tramites sexan máis axiles e modernizar a institución.