Gondomar recibe a fin de semana cunha proposta musical para o Domingo cun Concerto de Verán da Banda Xuvenil da Escola da Agrupación Musical de Vincios que terá lugar as 13:00 horas na Praza de Paradela de Gondomar.
O Concerto estará dirixido baixo a batuta de Francisco Valcarcel Piñeiro e os músicos demostrarán todo o aprendido durante o curso deleitando o público coas súas composicións musicais.