Esta iniciativa parte dunha asociación internacional sen ánimo de lucro WUWM (World Union of Wholesale Markets) e reúne a diferentes cidades e países de todo o Mundo como o Reino Unido, Francia, Alemaña, Suecia, Finlandia, Grecia, Hungría, Irlanda, China.. e outros que poidan adherirse.
Entre o días 16 e 28 do mes de Maio realizaránse unha serie de eventos nos mercados dos países e cidades participantes para intentar atraer clientes e transmitir todos os beneficios que ten consumir nos mercados de proximidade. Con este motivo o Concello de Gondomar organiza un concurso e exposición de debuxos entre os escolares de primaria e secundaria dos colexios públicos do noso concello, que serán expostos no interior da praza de abastos entre os días obxeto da campaña. Con esta iniciativa preténdese dar a coñecer aos máis pequenos a existencia das prazas de abastos onde se venden e distribuen moitos dos alimentos que que consumimos, para que se realacionen con eles e sobre todo con quen os vende, ie ncluso con quen os pesca, cultiva etc. Antes de chagar a nós.