^ Ir arriba

novas

Novas Concello de Gondomar

Novas Concello de Gondomar

• As Maxestades Reais serán recibidas polo alcalde, Paco Ferreira, e saudarán dende o balcón do concello a todos os pequenos e pequenas que se acheguen para velos.

• Efectivos de Protección Civil, Policía local, Garda Civil e voluntarios velarán por e cumprimento das medidas de seguridade do evento no que se repartirán 150 quilos de caramelos.

Todo preparado en Gondomar para recibir ás súas Maxestades os Reis Magos de Oriente que, a pesar das circunstancias que estamos a vivir, non quixeron deixar de pasar polo municipio e participar nunha cabalgata algo diferente pero igual de especial que a doutros anos: unha cabalgata estática na que serán os pequenos os que, seguindo un camiño marcado, achéguense ata eles para saudalos e recibir os seus caramelos.
A cabalgata arrincará á 17.00 horas da tarde deste martes 5 de xaneiro coa recepción oficial de Gaspar, Melchor e Baltasar no concello de Gondomar por parte do alcalde, Paco Ferreira, e integrantes do seu equipo de goberno. Posteriormente sairán ao balcón da Casa Consistorial para saudar aos pequenos e pequenas, e as familias alí reunidas.
Una vez nos seus tronos, dispostos no interior da carpa da Praza Paradela, recibirán a cativada que poderán pasar ante eles e saudalos, e lembrarlles que agasallos esperan baixo a árbore esa noite.
Un dispositivo de máis de unha vintena de persoas, entre efectivos de Protección Civil, Garda Civil, Policía Local e voluntarios, vixiará o correcto desenvolvemento do evento que terá como punto de partida a esquina da Avenida Elduayen coa Praza Paradela en sentido descendente. Todo percorrido estará valado e no chan marcaranse con tiras de espera á distancia de seguridade que debe manterse. Tras saudar aos Reyes, a carpa abandonarase polo lado contrario da entrada dirección ao palco de música.
Para a ocasión disporase de 150 quilos de caramelos que se repartirán en bolsas individuais e pechadas aos nenos e nenas que mentres esperan a súa quenda poderán gozar dos seres máxicos que comporán este ano a cabalgata como son a Raíña da Neve, un Oso Polar ou fadas, así como divertirse cos simpáticos trasgos e as súas bromas.
O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, lembra que “aínda que diferente quixemos que o Nadal mantivese a ilusión e maxia que sempre ten no noso municipio” e por iso adaptamos “as actividades á situación que vivimos, compaxinando a seguridade da nosa veciñanza coa posibilidade de vivir o mellor posible o Nadal”.

Entre esas iniciativas, pensadas principalmente para os máis pequenos, destaca a plataforma dixital que permitiu que máis de 700 nenos recibiran unha videochamada persoal nas súas casas dalgunha das súas maxestades, xerando momentos de sorpresas, risas e moita ilusión nas familias, e facendo máis sinxela a espera da noite do 5 de xaneiro.

Este segundo obradoiro de emprego vén precedido polo éxito da primeira edición, desenvolto este ano 2020 e que se clausurou con máis do 50% dos seus participantes firmando un contrato laboral.
O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, acompañado pola Delegada da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, inaugurou esta mañá o obradoiro de emprego “Crea e Coida Miñor II”, que se desenvolverá en convenio cos concellos de Baiona e Nigrán, cuxos alcaldes Carlos Gómez e Juan González tamén participaron no acto.
O rexedor gondomareño agradeceu unha vez máis a colaboración do goberno galego nunha materia tan sensible como é a política de emprego e subliñou que “é preciso que as administracións xuntemos forzas e traballemos en obxectivos comúns para todos, como é a creación de emprego e favorecer a inserción laboral da nosa veciñanza en paro”.
Destacou o bo resultado destes talleres duais que facilitan durante o tempo da formación un contrato laboral aos participantes, e que “no caso do anterior plasmouse na contratación por parte de diferentes empresas dun 50 por cento das persoas formadas nel”.
Pola súa banda a delegada da Xunta, Marta Fernández coinicidiu co rexedor de Gondomar á hora de destacar a necesidade de traballar conxuntamente en medidas que “logren unha inserción laboral real e a formación adecuada para que sexa posible”, animando aos novos beneficiarios do taller “a aproveitar esta ocasión que se vos da.”
“Crea e coida Miñor II”, é financiado pola Xunta con 350.000 euros e unha aportación de algo máis de 3.000 euros por Baiona, Gondomar e Nigrán, respectivamente. Os dous obradoiros, cun máximo de 10 alumnos/as en cada un, facilitarán aos participantes un contrato de traballo no concello co salario mínimo interprofesional durante os 9 meses de duración da formación, que será eminentemente práctica en ambas as especialidades que se ofertan.
Ademais da materia específica relacionada coa atención sociosanitaria e o deseño de produtos gráficos, obxecto de ambos os talleres, os alumnos-traballadores recibirán formación complementaria en cuestións craves para a procura de emprego e acceso ao mercado laboral como son a prevención de riscos laborais, alfabetización informática, igualdade, manipulación de alimentos ou autoemprego.


81638f39-e13e-476d-9030-32d7e406a99b.jpg

O alcalde entrevistouse este luns coa responsable de Infraestruturas, Ethel Vázquez, para ultimar a ampliación da EDAR (planta de depuración), levar a cabo a mellora da rede de saneamento municipal, inversións para o Polígono Industrial de A Pasaxe, o transporte público e a remodelación da intersección da Avenida Elduayen coa PO-331 e PO-340. 

 O encontro mantido entre o alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, e a Conselleira de Infraestruturas, Vivenda e Solo da Xunta de Galicia, Ethel Vázquez, comezouamosando o agradecemento do alcalde pola gestión levada a cabo pola conselleira e o seu equipo, tanto no referido o transporte de viaxeiros, como a inversión que suporápara Gondomar que a Xunta de Galicia siga xestionando a depuradora de saneamentomunicipal por outros catro anos máis, aínda que tamén o rexidor manifestou o seudescontento por non incluir o goberno autonómico no seu novo orzamento inversiónsespecíficas para Gondomar, o que obrigou a presentar enmendas ao mesmo. 

 A xuntanza tamén serviu para que o alcalde propuxera a conselleira de infraestructuras a necesidade de remodelación da rotonda da Avd. Elduayen, concretamente a intersección entre ésta e as estradas autonómicas PO-331 e PO-340, un punto no que se xeran importantes atascos e problemas de seguridade viaria, ao ser un lugar con moita afluencia de tráfico rodado, incluíndo o transporte pesado e o público de viaxeiros e escolar, e dada a súa actual morfoloxía, a fluidez é moi difícil debido ao mínimo espazo de carrís. 

 Remodelación da que xa o Concello encargou e elaborou un proxecto “que pasa pola reconfiguración da área, incrementando os espazos de relación e desprazando o eixo da rotonda, incrementándose asi a superficie e o radio de xiro, facilitando a entrada e a circulación de máis vehículos e manobra de camións e autobuses”. A reforma completaríase coa creación dun caril directo de comunicación Ramallosa-Tui que non teña que pasar pola rotonda, aliviando así a cantidade de tráfico que diariamente atravesa este punto. Por outra banda, tamén pediu á Xunta de Galicia que dote de iluminación a estrada PO-331 no tramo de Pegonegro ata o centro urbano, competencia do goberno galego, así como modernizar as luminarias no tramo da PO 340 que transcorre entre Gondomar e A Ramallosa. 

 A conselleira e o alcalde tamén puxeron sobre a mesa as obras que se están executando na PO 331, ao seu paso polo Polígono da Pasaxe, coas que o goberno galegoquere poñer fin a este punto negro circulatorio. Obras que se coordinaron entre ambas administracións e que xa formarán parte da urbanización do futuro polígono de A Pasaxe , polo que Paco Ferreira demandou da Xunta de Galicia a súa financiación para liberar económicamente os empresarios da parte proporcional que lles tocará pagar. 

 Por último respecto a as novas liñas de transporte postas en marcha recentemente nacomarca coa entrada da nova concesionaria, o alcalde solicitoulle incrementar asfrecuencias ata o 10% que permite o contrato, a implantación da tarxeta gratuita “xentexoven” para os menores de 21 anos, e, asinar o convenio de transporte metropolitano para a reducción de tarifas e melloras para a veciñanza.

 O alcalde Paco Ferreira mostrouse satisfeito tras o encontro coa Conselleira, que quedou de estudar con detemento cada unha das iniciativas trasladadas polo rexidor.

rotonda.jpg

Abertas as inscricións das escolas deportivas que a Deputación de Pontevedra oferta en Gondomar, que este ano serán as modalidades de patinaxe, judo, baloncesto e balonmano.

O prazo permanecerá aberto ata o 12 de xaneiro e os interesados poderán inscribirse telemáticamente no enlace da Deputación Provincial. (? https://www.depo.gal/deporte-escolas)

En caso de querer facelo presencialmente, poden presentar as solicitudes hoxe luns, mañá martes e o mércores no Pavillón de Deportes Municipal de 17.00 a 19.00 horas. #Gondomar #Deporte

dipu.jpg

Luns, 28 Decembro 2020 16:13

NOVA CITA CO CINE EN GONDOMAR

O Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar acollerá esta tarde unha nova sesión de cine, prevista na programación deseñada para este Nadal.

A partir das 18.00 horas no Auditorio Municipal poderemos gozar das aventuras que transcurren no interior dunha industria chocolateira moiii coñecida coa película "Charlie y la fábrica de chocolate".

Non podedes faltar. A entrada é de balde ata completar aforo según a normativa covid19 vixente nestes momentos. #aculturaésegura #Gondomar

 

4c7c9bd2-fb77-4e9e-8873-06a4fccea6a0.jpg

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, mantivo unha xuntanza coa comisión xestora que aúna á hostalaría do Val Miñor, así como con representantes de OVALMI, para seguir traballando nas medidas que se poden poñer en marcha por parte do concello para axudar ao sector ante a crítica situación que está a atravesar como consecuencia da pandemia.
O alcalde comunicoulles que o goberno destinará 100.000 euros do seu remanente de tesourería para facilitar as axudas ou bonificacións necesarias tanto ao sector da hostalería da localidade como o do autotaxi, e outros afectados restriccións impostas como consecuencia da covid19.
No encontro, ao que tamén asisitiu a concelleira de Comercio, Rocío Goberna, anuncióuselles que as bases da convocatoria destas axudas serán aprobadas no pleno ordinario da corporación municipal que se celebrará o próximo 07 de xaneiro.
Unha vez aprobadas abrirase o prazo de presentación de solicitudes para poder facer efectivas, posteriormente, as pertinentes axudas.
O alcalde, Paco Ferreira, lembra o gran esforzo que están a realizar neste momento os concellos e as consecuencias que isto ten para as súas arcas municipais. Neste sentido insiste na necesidade “dunha maior implicación do resto das Administracións á hora de mandar cartos porque sempre somos nós, os concellos, os grandes olvidados a pesar que de facemos ou máis grande dos esforzos cada día”.

131670110_2723883241207554_7679819064126541393_o.jpg

Gondomar segue apostando pola cultura e desenvolvendo a súa programación do Nadal que este xoves traerá á Praza Paradela á bailarina e coreógrafa Marta Alonso Tejada, coa súa creación "Baila un vestido verde".
A partir das 18.00 horas poderase gozar deste espectáculo interactivo de danza que xoga e convida a xogar ao espectador.
Unha actuación de de danza simpática que empregará o corpo, o baile e os xestos como códigos para establecer un diálogo constante co público. Descubrímolo xuntos? #Gondomar #aculturaésegura

Rosa Ballet Danza Poěster.jpg

 
 O  concello de Gondomar, a través da súa concellería de Medio Ambiente e Transición Ecolóxica, poñerá en marcha unha nova iniciativa destinada a favorecer a reutilización e reciclaxe de materiais que utilizamos no noso día a día e que son altamente contaminantes.

​É o caso dos cartuchos de tinta e tóner das impresoras que, a partir de agora, poderán depositarse en 6 contedores específicos para a súa recollida que se colocarán endependencias municipais accesibles a todos os cidadáns como son o Rexistro Municipal do concello e as instalacións do antigo centro de saúde, ocupadas actualmente polos departamentos de Medio Ambiente e  Benestar Social e Igualdade, ou a xefatura de policía local, entre outros. 

​O servizo será gratuito e unha empresa especializada no sector será a encargada de trasladar o material á planta na que dividirán os seus distintos compoñentes dos que se obten plástico, ferro, aceiro ou po que se destinan á elaboración de novos elementos, mesmo electricidade.

​Desde a concellería de Medio Ambiente puxéronse ata o de agora en marcha diferentes accións dirixidas a promocionar a reutilización e reciclaxe como a promoción da compostaxe, con repartición de case 300  composteiros individuais, a localización de colectores de pilas en distintos puntos de Gondomar, ou o desenvolvemento decampañas de formación e información ambiental entre a veciñanza, en xeral, e prestando especial atención ás novas xeracións.

2O4A6267.jpg

2O4A6271.jpg

Gondomar súmase a celebración desta data que no 2020 recoñece a alta biodiversidade nasmontañas e quere facer fincapé nas ameazas as que se enfrontan diariamente, como o cambio climático, prácticas industriais e agrícolas, talas cambios no usos e cobertura do solo.

 O noso compromiso coas montañas, montes, serras e paraxes naturais de Gondomar é firme e rotundo, apostando por medidas que aseguren a súa protección e futuro, preservando a biodiversidade e ecosistemas que as fan tan importantes para toda a veciñanza de Gondomar, e a quenes nos visitan atraídos pola súa fermosura. #LasMontañasImportan

Galiñeiro (1).jpg

 

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, xunto a concelleira de Comercio, Rocío Goberna, recibiron hoxe na alcaldía do concello a Águeda Ubeira, responsable de Chupipostres, e gañadora da XV edición do Premio Aje Vigo Joven Empresaria do ano.

 O rexedor felicitou persoalmente a Águeda á que entregou un pequeno agasallo en nome do goberno local como recoñecemento a súa labor e polo premio otorgado pola Asociación Jóvenes Empresarios "que todos estabamos seguros que ías gañar ti e traer para Gondomar", sinalou Paco Ferreira.

 O xurado recoñeceu a calidade, permanencia sostible no mercado e procesos de expansión e creación de postos de traballo por parte de Águeda Ubeira ao fronte de Chupipostres.

 Esta empresaria de Gondomar apostou hai máis de seis años dende o seu negocio pola venta online, ofrecendo dous servizos: repostería personalizada y almorzos temáticos artesanais que envía a domicilio, a toda a península, dende o su obrador. 

 A gañadora da XV ediciónde Joven Empresaria recibiu un programa de formación naEscuela de Negocios Afundación de IESIDE por valor de máis de 8.000 euros e unhaestancia gratuita na oficina o nave nun polígono de Zona Franca durante un año.

 

Captura de pantalla 2020-12-11 a las 21.35.31.jpg

 

Rss