^ Ir arriba

novas

Novas Concello de Gondomar

Novas Concello de Gondomar

O "miniecopunto" de reciclaxe de REES (residuos eléctricos e electrónicos) permanecerá durante15 días instalado no CEIP Chano Piñeiro, tras dar servizo á veciñanza de Mañufe que poideron desfacerse dos seus residuos nestes días no Centro Cultural da parroquia.

Turno de novo para un centro educativa do municipio promovendo así un dos obxectivos do departamento de Medio Ambiente: achegarse á poboación máis xoven e concienciala da necesidade de reutilizar e reciclar os aparellos electrónicos (móviles, tablets, cargadores, etc) que desbotan.

Este miniecopunto enmárcase dentro do proxecto Estratexia Sostible Transfronteriza para a Xestión de Residuos e Aparellos Electrónicos (ESTRAEE), promovida pola Deputación Provincial e á que se adscribiu o concello de Gondomar.

miniecopunto chano piñeiro 2.jpg

•Na nova infraestrutura investiranse case 88.600 euros, financiados con cargo aos orzamentos do Instituto Enerxético de Galicia, Inega, e cofinanciado a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural ( FEADER).

A instalación desta nova caldeira responde á política de aforro enerxético e á aposta polo uso de enerxías renovables que desde o concello de Gondomar, a través da súa concellería de Medio Ambiente, vén apostando desde o inicio da lexislatura.

Así llo fixo saber hoxe o alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, a delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias nun encontro telemático mantido esta mañá no que tamén participou a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, cuxo concello tamén se beneficiará das axudas autonómicas para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de biomasa.

Cuns fondos totais de 948.342 euros, Gondomar percibirá deles un total 88.587,26 euros para esta nova instalación térmica de biomasa, que dará servizo de calefacción ás intalacións do CDL (Centro de Desenvolvemento local). O proxecto contempla ademais a colocación dun depósito de inercia de 1000 litros que almacena a enerxía que xera a caldeira, así como a instalación dun contador para a medición de Kwh térmicos consumidos, un sistema de telexestión con comunicación de alarmas, entre outras características.

O alcalde Paco Ferreira mostrou o súa satisfación ante a posibilidade de optar a este financiamento e seguir fomentando o uso da biomasa forestal, unha enerxía renovable con reducido impacto ambiental que polo seu carácter autóctono favorece o autoabastecimento e a seguridade de subministración a prezos competitivos, á vez que “reduce a contaminación e a nosa pegada ambiental no planeta”.

alcalde.jpg

Captura de pantalla 2021-09-15 a las 11.01.17.png

Duración: Tres semanas (do 27 de xaneiro ao 17 de febreiro).
Reunións: Limitadas só a convivintes.
Movilidade: Redúcese ao propio concello.
Toque de queda: Mantense ás 22.00 horas.

SANIDADE: Seguen interrompidas as visitas aos doentes excepto para cuestións de dependencia.
COMERCIO: Só o esencial. O resto pechará ás 18.00 horas. Os centros comerciais pecharán os fines de semana.
HOSTELERÍA: Peche total. Só habrá servicio a domicilio, comida para levar e comedores de empresas.
DEPORTE: Só se permite o deporte individual ao aire libre. Sempre deberá usarse a máscara, incluso para correr. Mantense a excepción de competicións federadas nacionais, pero seguen suspendidas as autonómicas.
EDUCACIÓN: As universidades suspenden as clases ata o 8 de febreiro. Nesa data a primeira semana as clases serán online e a partir do 17 de febreiro intentarase retomar a eduación presencial.
- As clases de Primaria, Secundaria, Bacherelato e escolas infantis manterán a súa actividade como o de ata agora.
CULTURA: Pechan os museos, bibliotecas e espectáculos. Tamén os centros sociais.
RESIDENCIAS: Só permanecerán abertas as residencias e os centros de día.

images.jpg

O Concello de Gondomar suspenderá a celebración do mercado de venta ambulante semanal ata novo aviso, sempre seguindo as indicacións que marca a Xunta de Galicia para frear a curva ascendente da terceira ola da pandemia e ante o incremento de contaxios da covid19 que se están a rexistrar na comunidade galega.

mercadillo 1.jpg

• O departamento de Medio Ambiente e Transición Ecolóxica, con motivo da celebración do Día Mundial da Educación Ambiental, o próximo 26 de xaneiro, porá a disposición dos centros educativos de Gondomar material de tipo lúdico-educativo relacionado con cuestións de carácter ambiental e o cambio climático.

En total repartiranse entre os colexios de Educación Primaria do municipio vinte lotes con diferente material cuxo obxectivo é achegar ao alumnado a conceptos relacionados co medio ambiente e familiarizalos cos recursos que teñen ao seu alcance para coidalos.
A iniciativa enmárcase dentro da campaña escolar “Cambio Climático. Misión Actúa por el Clima” que promociona a Federación Española de Municipios e Provincias, dentro da Rede Española de Cidades polo Clima da que forma parte Gondomar. O goberno municipal quere así, aproveitar para subliñar a importancia que ten a celebración de xornadas como a do “Día Mundial da Educación Ambiental” para sensibilizar e implicar ás novas xeracións na defensa do Medio Ambiente.
Dirixida ao alumnado de Educación Primaria, a campaña está enfocada no concepto da eficiencia enerxética e facilítase ao profesorado unha variedade de medios para que poidan traballar nas aulas abordando, de forma divertida, cuestións relacionadas coa reciclaxe, o aforro da auga, etc.
Os lotes que se farán chegar aos colexios comprenden unha guía completa para os docentes, así como distintos xogos nos que o planeta ou o clima son os protagonistas, por exemplo, “A carreira polo clima”, unha especie de xogo da oca para toda primaria ou o “Clima en raia” cun pequeno test de coñecementos, entre outras propostas.

LOTES ESCOLARES EDUACIÓN AMBIENTAL.jpg

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, e a Concelleira de Urbanismo, Iria Lamas, reuníronse este xoves co responsable do equipo redactor do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Gondomar, Alfonso Botana, para analizar as pequenas correccións que hai que introducir no documento, segundo o Informe de Avaliación Mediambiental remitido pola Xunta de Galicia.
O rexedor móstrase satisfeito porque se trata de "cuestións menores" que se solventarán sen problema e afirma que "non nos desvía da nosa folla de ruta de aprobar inicialmente o plan tras o verán".

IMG_20210121_113015.jpg

IMG_20210121_112932.jpg

O "miniecopunto" de reciclaxe de REES (residuos eléctricos e electrónicos) permanece no Centro Cultural de Mañufe para facilitar a veciñanza un lugar onde depositar os aparellos electrónicos (móveiles, tablets, cargadores, etc) dos que se queran desfacer. O obxectivo e concienciar e sensibilizar a poboación na necesidade de reutilizar e reciclar estes aparellos.

Este "miniecopunto", que está a percorrer todas as parroquias do concello, enmárcase dentro do proxecto Estratexia Sostible Transfronteriza para a Xestión de Residuos e Aparellos Electrónicos (ESTRAEE), promovida pola Deputación Provncial e á que se adscribiu o concello de Gondomar.


b42f7227-fa3e-4c0a-a81c-8f90559a82e9.jpg

A concellería de Deportes do Concello de Gondomar anuncia que, antes as novas restricións que entrarán en vigor esta medianoite por mor da pandemia, quedarán pechadas todas as instalación deportivas municipais ata novo aviso, cumprindo a normativa dictada pola Xunta que anula as competicións deportivas a nivel autonómico.

• O alcalde, Paco Ferreira, xunto vos deputados provincias Santos Héctor Rodríguez e Iria Lamas visitaron ou Punto Limpo para coñecer este ámbito concreto, así como as actuacións acometidas nel nos últimos meses.

En total investiranse algo máis de 35.000 euros, financiados pola Deputación Provincial, na adaptación deste espazo para a organización e recollida dos Residuos Electrónicos e Electricos ( RAESS) cada vez máis frecuentes na nosa sociedade e con compoñentes altamente contaminantes.
Durante a súa visita, acompañados polo concelleiro de Medio Ambiente Brais Misa e responsables da empresa concesionaria FCC, puideron coñecer de primeira man como se habilitará a caseta con diferentes gaiolas e andeis para garantir a correcta colocación e repartición dos residuos que cheguen ao momento limpo.
Súmase á maquinaria deste centro unha transpaleta eléctrica que prestará servizo no punto limpo e cuxo financiamento chega a través do proxecto europeo ESTRAEE de reciclaxe de lixo electrónico, promovido pola Deputación Provincial.


transpapunto.jpg

• O alcalde, Paco Ferreira, reuniuse esta mañá con responsables da compañía UFD, distribuidora do grupo Naturgy, para analizar os problemas rexistrados este nadal en Gondomar, debido aos cortes fornezo eléctrico durante horas no municipio, así como estudos de futuras accións encamiñadas a buscar unha solución a estes problemas.
• A compañía é consciente do sucedido e estudará todas e cada unha das reclamacións presentadas pola veciñanza.

Na reunión o acalde, mostrou a súa preocupación polo sucedido e traslado o malestar xeneralizado dos afectados en días tan sinalados e fríos como os ocorridos este nadal, ao delegado provincial da distribuidora, Francisco Ramos, e ao xefe de operacións da Zona Sur, Marco A. Gelpi. No encontro tamén participou o Presidente da Entidade de Morgadáns, Alfonso Misa, unha das parroquias máis afectadas pola falta de subministración eléctrica o día de Noiteboa.
Francisco Ramos, Delegado Provincial de UFD, Distribución e Eléctrica S.A, comprometeuse a atender as reclamacións presentadas, como consecuencia das deficiencias e cortes de subministración na cometida e tendido, así como a estudar e evitar en diante o ocorrido. Para iso a compañía reforzará a potencia eléctrica en todo o municipio, instalando dous novos transformadores na parroquia de Peitieiros, concretamente nos barrios de Fonte e Peroleira, respectivamente. Desta maneira quedará garantida a subministración eléctrica en todo o termo municipal a curto e longo prazo; xa que os transformadores fornecerán unha potencia de 250 e 260 cáveas, respectivamente, que garantirá a dotación da subministración a fogares e empresas.
Un dos transformadores será instalado neste primavera no barrio de Peroleira, ao contar coas autorizacións sectoriais preceptivas como a de Industria, e Patrimonio e á espera de presentar unha documentación no concello para a inmediata concesión da licenza municipal. O outro transformador situarase no barrio de Fonte, e está previsto entre en funcionamento a finais de ano.
Por outra banda, o rexedor requiriu do responsable provincial a necesidade de soterrar as liñas e retirar os tendidos aéreos en todo o centro urbano e no barrio da Pedra (Morgadáns) que será recuperado e dotado doutros servizos polo concello e Entidade, así como a reposición de postes e recolocación dos mesmos e reposición de tendidos que están en malas condicións e danadas por árbores, que tamén é necesario programar a súa talla ou poda para evitar futuros cortes da subministración en distintos lugares do municipio, concluíu o alcalde.

96d2a9b7-8cac-44c7-8d3c-c6608dd9f8ab.jpg

Rss