^ Ir arriba

novas

Mércores, 27 Xaneiro 2021 16:05

Gondomar instalará unha caldeira de biomasa no seu Centro de Desenvolvemento Local

•Na nova infraestrutura investiranse case 88.600 euros, financiados con cargo aos orzamentos do Instituto Enerxético de Galicia, Inega, e cofinanciado a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural ( FEADER).

A instalación desta nova caldeira responde á política de aforro enerxético e á aposta polo uso de enerxías renovables que desde o concello de Gondomar, a través da súa concellería de Medio Ambiente, vén apostando desde o inicio da lexislatura.

Así llo fixo saber hoxe o alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, a delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias nun encontro telemático mantido esta mañá no que tamén participou a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, cuxo concello tamén se beneficiará das axudas autonómicas para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de biomasa.

Cuns fondos totais de 948.342 euros, Gondomar percibirá deles un total 88.587,26 euros para esta nova instalación térmica de biomasa, que dará servizo de calefacción ás intalacións do CDL (Centro de Desenvolvemento local). O proxecto contempla ademais a colocación dun depósito de inercia de 1000 litros que almacena a enerxía que xera a caldeira, así como a instalación dun contador para a medición de Kwh térmicos consumidos, un sistema de telexestión con comunicación de alarmas, entre outras características.

O alcalde Paco Ferreira mostrou o súa satisfación ante a posibilidade de optar a este financiamento e seguir fomentando o uso da biomasa forestal, unha enerxía renovable con reducido impacto ambiental que polo seu carácter autóctono favorece o autoabastecimento e a seguridade de subministración a prezos competitivos, á vez que “reduce a contaminación e a nosa pegada ambiental no planeta”.

alcalde.jpg

Captura de pantalla 2021-09-15 a las 11.01.17.png