O goberno de Gondomar acometerá nos próximos meses a humanización e renovación da rotonda que interconecta as rúas de San Benito e Emigrante coas estradas de Peitieiros e Chaín-Morgadáns.
O proxecto, aprobado na última Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, contará cun investimento de 271.800 euros, que será financiados nun 70% pola institución provincial (máis de 190.000 euros), e o 30 por cento restante será achegado polo goberno local, que investirá 81.500 euros.
O obxectivo prioritario desta nova actuación no municipio é garantir a seguridade viaria de veciños e viandantes tanto nas rúas urbanas como nos tramos iniciais cara ao rural.
Así está previsto ampliar as beirarrúas ata o mínimo recomendado de 2,5 metros de ancho, mellorar a iluminación pública na zona así como a parada de autobús situada nela. Por outra banda tamén se contempla a construción de novos pasos de peóns ou pasos elevados para reducir a velocidade dos vehículos.
O departamento do goberno de Gondomar, dirixido por Nuria Lameiro, desenvolverá unha acción formativa de preparador/ra en liña, respondendo á necesidade de persoal para atender o incremento do comercio online xerado pola pandemia.
A actividade dirixida á mocidade de entre 17 e 35 anos do concello de Gondomar busca dotar de formación básica a quen ocupará un posto nas novas profesións que están a aparecer no mercado e para as que non existe unha formación regrada pero si se precisan uns coñecementos básicos.
O prazo de inscrición para os interados/as permanecerá aberto desde este mércores, día 3 de marzo, ata o 16 de marzo, fixándose o inicio do curso o día 22 de marzo. Deberán presentar no Rexistgro Municipal ou a través da Sede Electrónica do concello a solicitude xunto os anexos dispoñibles en www.concellodegondomar.gal ou na oficina da Omix (que tamén se pode remitir a través do correo Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.).
O alumnado recibirá unha formación de 100 horas (30 teóricas e 70 prácticas) nas que prepararanse para desempregar o proceso de “picking”, é dicir, selección de produtos adquiridos por un cliente vía online, comprobrar o seu estado, preparalo, etiquetalo e finalmente embalalos.
O "miniecopunto" de recollida e reciclaxe de Residuos Eléctricos e Electrónicos (REES) da Concellería de Medio Ambiente de Gondomar segue o seu percorrido polas parroquias do municipio.
Quenda agora para Vincios onde o miniecopunto permanecerá dúas semanas nas instalacións do CEIP Serra de Vincios, facilitando a reciclaxe destes residuos á vez de que se conciencia ás novas xeracións deste tipo de políticas que favorecen o coidado do medioambiente e futuro do noso planeta.
Esta iniciativa enmárcase dentro do proxecto Estratexia Sostible Transfronteiriza para a Xestión de Residuos e Aparellos Electrónicos (ESTRAEE), promovida pola Deputación Provincial e á que se adscribiu ou concello de Gondomar.
#Gondomarsostible
O número de casos en Gondomar sitúase por debaixo dos 250 por cada 100.000 habitantes colocando estas cifras ao noso concello no nivel medio, segundo o comité técnico, que implica un alivio nas restricións pola Xunta. Estas novas medidas recóllense xa no DOG e entraron en vigor esta pasada medianoite.
⭕️ Mantense o peche perimetral da Comunidade Autónoma.
? O toque de queda segue establecido nas 22.00 horas.
????? Reunións máximo de 4 persoas non convivintes.
? Hostalería: Aforo limitado ao 50% nas terrazas e nun 30% no interior. Non poderá empregar a barra e o horario de peche será ás 18.00 h. Recollida no local ata ás 22.00 h. e entrega a domicilio ata as 23.59.
? Comercio e grandes superficies abertos en horario normal. As grandes superficies poderán abrir de novo as fines de semana, e o seu peche será ás 21.30 h.
??♀️ Actividades deportivas: Actividade física non federada poderá realizarse de forma individual ou colectiva (máximo 4 persoas sen contacto). Nas instalacións deportivas poderá facerse actividade en grupos de ata 4 persoas, sen superar o 30% do aforo.
??♀️ Permítese o uso deportivo de piscinas ao aire libre ou cubertas, cunha ocupación máxima do 30% do aforo.
? Mobilidade: Permitida entre os concellos rexistrados no mismo nivel de incidencia que Gondomar. Na provincia de Pontevedra son: Arbo, Baiona, Cangas, A Cañiza, Covelo, Crecente, Fornelos de Montes, A Guarda, Mondariz, Mondariz-Balneario, Mos, As Neves, Nigrán, Pazos de Borbén, Ponteareas, O Porriño, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra do Miño, Tomiño, Tui e Vigo.
Máis info: https://bit.ly/2PdRQrc
“Abrindo portas” é o título desta nova iniciativa na que se busca fomentar o pracer da lectura entre os máis novos achegándolles mensualmente propostas literarias que poidan suscitar o seu interese.
Abrir a porta ás novas xeracións aos diferentes mundos que se ocultan entre as páxinas dos libros e motivar o seu gusto pola lectura é o obxectivo de “Abrindo portas. A lectura ten o poder de transformar”, que o departamento de xuventude pondrá en marcha este próximo venres e que se desenvolverá mensualmente.
Descubrir as distintas opcións que ofrece a lectura así como a súa capacidade de espertar o espírito creativo, crítico ou empático está tras este programa que consistirá en ofrecer cada mes obras de diferentes temáticas que poidan suscitar o interese da mocidade atendendo as súas inquietudes, apostando este mes de febreiro por títulos relacionadas coa sexualidade e afectividade.
Cada último venres de mes., a través da conta de Instagram @omixgondomar, presentaranse tres títulos diferentes dirixidos cada un deles a unha franxa de idade: de 12 a 16 anos; de 17 a 24 anos ; e, máis de 25 anos, cuxa selección virá recomendada pola librería Libraida, colaboradora co departamento neste proxecto.
Un ano máis o goberno local de Gondomar sumouse á celebración do día de Rosalía de Castro, o 24 de febreiro, data na que se conmemora o nacemento da escritora universal de Galicia.
No seu 184 aniversario, e suxeitos polas normas de seguridade impostas con motivo da pandemia que limitaba a celebración de actos con público, o recoñecemento ao gran labor que esta escritora e a sús aportación a literatura galega e universal, trasladouse aos diferentes comercios do municipio, establecementos que expuxeron nos seus escaparates distintos carteis editados para a ocasión pola concellería de Cultura.
Neles, xunto á imaxe de Rosalía de Castro fragmentos da súa obra ao alcance de todos e todas os que durante a xornada paseáronse polo concello de Gondomar.
Ademais desde a Concellería de Cultura de Gondomar editouse un vídeo no que se rende homenaxe á obra da escritora no que participan membros do goberno local, xunto a representantes de asociacións culturais e sociais do municipio, que subiuse ás redes locais do Concello.
Ante o descenso de casos de COVID 19 confirmados no concello de Gondomar e o abandono do nivel de alerta vermella no municipio, o goberno local decidiu, a través da súa concellería de Comercio, reanudar a actividade do mercadillo ambulante o vindeiro martes 23 de febreiro, sempre vixiando e garantindo o cumprimento das normas establecidas na actualidade pola normativa sanitaria marcada pola Xunta de Galicia.
Así o martes que vén, entre as 09.30 e 13.00 horas, os 36 postos con licenza vixente actualmente regresarán a ocupar o seu lugar no paseo de As Cercas, onde a separación entre instalacións será de dous metros entre cada unha. Ademais deberán ter ao alcance dos usuarios xel hidroalcohólico para a súa utilización antes de acceder ao material exposto, e garantirase en todo momento a distancia de seguridade entre as persoas.
Atende así o goberno local a demanda dos vendedores que se viron afectados polos peches perimetrais impostos pola Xunta de Galicia, e que levaron a Gondomar, ante o incremento de casos rexistrados e as indicacións sanitarias a suspender temporalmente a súa celebración como medida de prevención para evitar novos contaxios.
Baixo el lema #HazEspacio celébrase o Día Internacional do Síndrome de Asperger como cada 18 de febreiro desde o pasado 2007, data na que se instaurou a súa celebración.
Gondomar súmase á reivindicación que poñen sobre la mesa este 2021: o recoñecemento específico do Síndrome de Asperger nos ámbitos normativos e administrativos. Familias e asociacións sitúan o foco no dereito das persoas con este síndrome a aprender e a traballar, é dicir, a acceder a unha educación de calidade que promova o seu éxito e desenvolvemento persoal, á vez que facilite o seu acceso ao mercado laboral.
#HazEspacio reclama o seu oco na sociedade destas persoas con transtorno do Espectro Autista, sen discapacidade intelacutal asociada nin dificultades en aspectos formais do linguaxe.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle hoxe as novas medidas que se poñerán en marcha a partir da medianoite deste mércores 17 de febreiro, e que supoñerán unha suavización das restricións impostas na comunidade o pasado 27 de febreiro, aínda que limitadas para afianzar o conseguido ata o de agora e reforzar a seguridade.
A melloría detectada nas últimas semanas non impediu que o Goberno galego decida, seguindo as instrucións do comité médico, manter o nivel máximo de restrición e preparar para a spróxima semana unha apertura gradual e coa máxima seguridade.
A hostalería permanecerá pechada e os encontros limitaranse a conviventes, manténdose a limitación da mobilidade unicamente ao propio municipio.
Si se modifican outras medidas:
EDUCACIÓN: Regreso ás clases presenciais en ensinos especiais, como conservatorios música e danza, escolas de idiomas. Excepto para práctica de instrumentos de vento. As clases presenciais na Universidade volverán o luns 1 de marzo.
COMERCIO: Recupera o seu horario e o seu aforo seguirá limitado ao 50%. Os Centros Comerciais permanecerán pechados as fines de semana.
DEPORTE: Deporte individual ao aire libre. Reapertura das instalacións deportivas ao aire libre para práctica.
HOSTELARÍA: Permanecerá pechada. Só para servir a domicilio ou para levar. O próximo día 22 de febreiro volverá avaliar a situación e poderanse aplicar novas medidas de desescalada gradual.
RESTAURACIÓN: Apertura do interior dos restaurantes das estacións de servizo nas vías de altas prestacións, para transportistas.
CULTURA: Retómase a actividade en biblitoecas, arquivos, museos e salas de exposición, cun 30% de capacidade máxima. También retomarán a súa actividade teatros, cines e auditorios co mesmo aforo.
RESIDENCIAS: Onde o ciclo de vacinación esté completo fai dez o máis días, as visitas pasarán de ser una por semana a tres, con dous familiares. Nos centros de discapacidade retómaránse as saídas a fin de semana, cuxo usuario fora vacinado hai máis de dez días.
Orden recollida no DOG: https://bit.ly/3baVycn
Lograr un concello máis accesible para os seus cidadáns e no que eles e os peóns sexan os protagonistas das políticas que desenvolve o goberno local. Deste xeito segue apostando por plans de accesibilidade que permitan que sexa unha realidade. E agora dáse un paso máis.
O goberno local saca a concurso público a instalación do ascensor para a Casa da Cultura, un inmoble de tres pisos, cun prezo de saída de 50.728,6 euros, procedentes de subvencións da Deputación Provincial. O prazo de presentación para as empresas interesadas finalizará o próximo día 22 e a que se faga co concurso contará cun prazo de execución de dous meses para desenvolver o seu proxecto.
Unha iniciativa que será o primeiro paso para reformar integralmente o edificio público que alberga na actualidade a Biblioteca Municipal -en proceso de catalogación e e inventario das súas obras- así como un salón de actos e oficinas administrativas na súa planta baixa, como é o caso da Oficina Municipal da Xuventude (OMIX).
O alcalde, Paco Ferreira, sinalou a súa intención de trasladar as dependencias administrativas ao inmoble máis próximo, o antigo centro de saúde, onde na actualidade xa están instalados os departamentos de Igualdade, Benestar Social e Medio Ambiente.
A intención do Goberno local é que a biblioteca se poida estender ás tres plantas, ao cubrir as funcións do salón de actos alí presente o auditorio municipal Lois Tobío do concello.
O goberno de Paco Ferreira ten entre os seus obxectivos prioritarios converter o concello nun referente e niso xoga un papel importante as actuacións nas diferentes parroquias que o integran. Conscientes do amplo territorio da localidade (75 km2) e as deficiencias que veñen arrastrando desde hai décadas “aos poucos imos cumprindo e asumindo obras que responden as demandas dos nosos veciños que outros antes non atenderon”.
É o caso da parroquia de Vilaza onde xa están en marcha as obras de saneamento de Fontenla, que permitirá unir á rede municipal as vivendas da zona e as de próxima construción. Un saneamento que tamén se necesita noutros lugares pero como sinala o alcalde “paso a paso iremos logrando, pero todo dunha vez non se pode”.
Nas últimas semanas tamén se realizaron diferentes actuacións na parroquia de Donas. Por unha banda, a brigada de obras municipal finalizou os labores de limpeza e adecuación da estrada de San Cibrán. Por outra, o rexedor e responsales do goberno reuníronse coa directiva do cemiterio de Donas para coñecer de primeira man as melloras que precisan e que se queren arranxar no menor tempo posible. O alcalde subliñou gran traballo que a directiva está a realizar no mantemento do camposanto.
O Torreiro de festas de Vilaza xa loce diferente tras dotalo de plantas e arrombalo para o goce de toda a veciñanza e visitantes. A colaboración veciñal, que achegou a súa man de obra, e a do goberno local achegando o material e plántelas fixeron posible esta mellora.
Por último destacar a actuación realizada en Mañufe, na estrada de Antime, onde o muro de contención da estrada que se derrubou, está xa remodelado e en pé e cando o tempo permítao procederase ao asfaltado do lugar.
Vilaza (saneamento Fontenla).
Obras limpeza estrada San Cibrán (DONAS).
Limpeza estrada San Cibrán.
Cementerio Donas.
Muro contención carretera Antime.
O concello de Gondomar súmase un ano máis a celebración do Día Internacional da loita contra o cancro infantíl e manda todo o seu apoio e respecto para as cativas e cativos que están a padecer cancro, aunténticos guerreiros e guerreiras que coa súa loita diaria pola vida dan auténticas leccións a todos aqueles que están o seu redor.
A todos eles e elas, a o seu esforzo e o das súas familias queremos lembrar nesta xornada internacional, unha vez máis, que debemos seguir apoiando a investigación no cancro infantil, así como as campañas de prevención e apoio as familias.
O cancro infantil é a primeira causa de morte por enfermidade nos máis pequenos dentro dos países desenvolvidos. En España detéctanse entre 1.000 e 1.100 casos novos por ano en nenos e nenas de 0 a 14 anos. A boa noticia é que grazas á investigación a incidendia de supervivencia situouse en cifras que oscilan entre o 80 e o 100%, dependendo do tipo de tumor.
Dende o noso goberno sumámonos un ano máis á celebración desta xornada mundial na que se quere recoñecer o valor das científicas, que HAI e HOUBO na nosa sociedade. Pero tamén ir máis aló fomentando o interese pola ciencia e a tecnoloxía nas novas xeracións, nas nenas, poñendo ao seu alcance a información necesaria para que coñezan as opcións que hai ao seu alcance para desenvolver as súas vocacións futuras nas ramas de ciencias e tecnoloxía.
Esta conmemoración serve para lembrar o papel fundamental que as mulleres e as nenas representan na ciencia co obxectivo de fomentar a súa participación de forma plena e equitativa, así como conseguir o seu acceso a ela nos mesmos termos e posibilidades que os homes.
Estas foron as razóns, xunto co fin de lograr a igualdade de xénero e empoderamento de mulleres e nenas, que levaron á Asemblea Xeral das Nacións Unidade a proclamar fai cinco anos o 11 de febreiro como o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.
Unha celebración que debemos estender aos 365 días do ano para lembrar a todas as mulleres científicas que acaladas durante anos, e nunha loita pola igualdade neste ámbito acabando con estereotipos establecidos desde hai anos e que segue presente nos nosos días.
O concello de Gondomar, a través da súa concellería de Medio Ambiente, segue facilitando á veciñanza os medios para que poidan poñer en práctica as tres famosas “ R”: “reducir, reutilizar e reciclar”, algo que é posible empregando o “ miniecopunto” de Residuos Eléctricos e Electrónicos ( REES) que percorre desde hai uns meses as diferentes parroquias do noso municipio.
Chega ao colexio Xosé Neira Vilas de Peitieiros onde estará durante 15 días ao dispor de todos os que queiran depositar nel os seus vellos móbiles, baterías ou tablets, entre outros residuos eléctricos ou electrónicos.
Unha vez máis fai unha parada nun centro escolar co fin de destacar a importancia de implicar e sensibilizar ás novas xeracións na defensa do medioambiente, á vez que se lles dota de ferramentas para facelo.
Este miniecopunto enmárcase dentro do proxecto Estratexia Sostible Transfronteiriza para a Xestión de Residuos e Aparellos Electrónicos ( ESTRAEE), promovida pola Deputación Provincial e á que se adscribiu ou concello de Gondomar.