^ Ir arriba

novas

Luns, 15 Febreiro 2021 17:41

O goberno contempla a remodelación da Casa da Cultura que contará con ascensor

Lograr un concello máis accesible para os seus cidadáns e no que eles e os peóns sexan os protagonistas das políticas que desenvolve o goberno local. Deste xeito segue apostando por plans de accesibilidade que permitan que sexa unha realidade. E agora dáse un paso máis.
O goberno local saca a concurso público a instalación do ascensor para a Casa da Cultura, un inmoble de tres pisos, cun prezo de saída de 50.728,6 euros, procedentes de subvencións da Deputación Provincial. O prazo de presentación para as empresas interesadas finalizará o próximo día 22 e a que se faga co concurso contará cun prazo de execución de dous meses para desenvolver o seu proxecto.
Unha iniciativa que será o primeiro paso para reformar integralmente o edificio público que alberga na actualidade a Biblioteca Municipal -en proceso de catalogación e e inventario das súas obras- así como un salón de actos e oficinas administrativas na súa planta baixa, como é o caso da Oficina Municipal da Xuventude (OMIX).
O alcalde, Paco Ferreira, sinalou a súa intención de trasladar as dependencias administrativas ao inmoble máis próximo, o antigo centro de saúde, onde na actualidade xa están instalados os departamentos de Igualdade, Benestar Social e Medio Ambiente.
A intención do Goberno local é que a biblioteca se poida estender ás tres plantas, ao cubrir as funcións do salón de actos alí presente o auditorio municipal Lois Tobío do concello.

CASA CULTURA.jpg